16.3.11

a pequena g

non existen as palabras de gracias. só as de amor, cando son de verdade
e existen tamén as persoas que son constantes vitais no camiño que nos toca percorrer. falei moitas veces da pequena g nesta casa. moitísimas veces. e como constante que é, volve unha e outra vez á miña vida, chea de amor
a pequena g é unha desas persoas que fan crer que outro mundo é posíbel. é unha desas persoas que constrúen día a día un outro mundo posíbel
ela foi a primeira coa que sentín -e con quen máis o sentín- que a vida nos levaría a cada pouco polos mesmos camiños, para írmonos atopando. ela é unha das poucas persoas coas que semella que non pasan o tempo e a distancia. que sabe escoitar, cousa ben rara nos tempos que corren
a pequena g é unha valiente. e ademais de ser valiente, quéreme e lévame no seu pensamento
e eu, que non atopo palabras que digan todo o que podería dicir sobre ela. porque querer fica pequeno e tamén a levo sempre comigo

1 comentário:

rui disse...

Por sorte hai persoas mellorando o mundo (máis das que un pensa)