13.2.06

Alguén se decatou algunha vez do inxustos que son os exames?
Pois ben, despois de tantísimo estudar para un, hoxe decátome de que moit@s que sabían bastante menos ca min teñen unha nota parella ou ate mellor que a miña.
Iso é o que pasa cando un profesor pregunta por materia que non se impartiu. Como a eles lles pagan igual a final de mes... Pois se non sabe ser profesor, que busque outro traballo!!!

6 comentários:

oko disse...

moitas gracias, pau. é un consolo lerte -na distancia-

...

Madeleine disse...

Non valores os teus coñecementos por peso, Oko, para a profesión que preparas terás tempo dabondo para administralos en cada palabra que escribas, penses ou comuniques.
A sabedoría non é un ben estimable, como sí unha producción de xornais nunha planta de impresión...

oko disse...

Xa sei que a nota, ao final, é o que menos importa. Pero molesta moito sacar unha nota baixa cando se traballou tanto para unha asignatura... E ti sabes perfectamente cantísimo traballamos -traballei-

emereci disse...

entendo a túa frustración (creme) e supoño que todo o que che dicimos xa o sabes ti de sobra, pero é que é certo... as notas da facultade son tan insignificantes na vida dun(ha) xornalista!
recorda a kapuscinski e xa verás como os profesores da facultade acaban no lugar que lles corresponde ;D

Aultre Narai disse...

eu recórdoche o caso de Einstein. un XENIO que nunca foi de boas notas xamais, ata pensaban que era retrasado...

para que vexas :)

de todas, se queres eu píncholle as rodas a ese parvo, que a min non me coñece de nada!! xDD e dígocho moi en serio!

Anónimo disse...

Ánimo nena..!!! as inxustizas "nos rodean".
Mirao polo lado positivo, ti polo menos sabes notas, eu todavía non sei ningunha; hai k ver o aplicados que están os profes este ano...!!! así non se pode...

Por certo, facendo alusión o comentario de aultre narai, douche permiso pa´que saques a navalla e lle piques as rodas...jejje

Veña amor, vémonos este FnD.