14.2.06

Hai xente que dá noxo. Xa daban noxo indirectamente, e máis se os tratas en persoas. Douche un cero con cinco máis, pero sendo xeneroso. Puiden dicirlle que o metera por onde lle dese a gana, pero hai quen aínda lles temos respeto aos profesores, mal que pese.
Non obstante estou contenta, conseguín esquencerme un pouco del e poñerme a darlle os toques finais ao famoso traballo de Medio Rural. Sabían vostedes que das 30.000 entidades de poboación que temos no país, 935 viven en zonas denominadas de Interese Comunitario pola súa biodiversidade? A verdade, é un tema moi interesante... (evítense comentarios chamándome culturetas ou semellante!)

10 comentários:

Caufield disse...

Culturetas (ou semellante)
xD

Madeleine disse...

iso iso iso
Caufield, saca á luz o teu poderío no campo de iniciativas de desdenvolvementoa´fodsa´lgkdsmv sa
AAAHHHH

xorna disse...

vou acabar odiando a palabra "desenrolo". hoxe fixo que a escribón máis de 80 veces!!!!! aaaah!

oko disse...

pois sinto dicirlle, señorita xornalistiña, que desenriolo é unha palabra máis ben fea. eu de vostede utilizaría desenvolvemento no traballo.

nota: observo que só se dan por aludidas as miñas compañeiras nesta viaxe polo medio rural galego!!!

Aultre Narai disse...

eu sonche medio do monte, de feito a miña familia polos dous lados son máis de aldea ca de cidade. o caso é que mal que me pese son "urbanitas"... pouco podo opinar!! xD pero iso si, leo atentamente.

ánimo co traballo

P.d: o de pinchar as rodas do coche e/ou facer outras putaditas segue en pé!

Anónimo disse...

Parece mentira que lle teñas respecto aos profesores... eu creo que tes bastantes exemplos na túa vida que demostran que non merecen respecto... outra cousa é que os insultes, pero hai veces que merecen poñer as cousas no seu sitio, porque parece que che están facendo un favor en vez de facer xustiza...
O do rural... mira, a cabra tira para o monte e o lorche tira apra a babuxa...
:p
Apertas... e creo que me estou decatando dalgo, que sempre son as mesmas persoas as que falan nos distintos blogs... e o máis chungo é que están xuntos sempre!!! por riba de falar todo o día, aínda se manteñen conversas paralelas nos blogs... que chungos somos... bueno, creo que vou variar e ir ao de Boca... ui, bukowskiño...
;)
Oko forever... bolseiro together

Anónimo disse...

"El que rie el último rie mejor"

Alicia disse...

estou de acordo con bolseiro.
Quen non o merece non ten porque telo.
bikos!

Desorde disse...

comentario serio: se precisas info sobre os LIC, etc avisa....
comentario menos serio: Kill Teacher vol.1.

oko disse...

graZas Desorde. O traballo xa o rematei, así que o dos LIC queda zanxado. O de matar ao profesor, creo que sería interesante retomar a idea!