De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
6 comentários:
Pois tes que darme a receta, porque eu non atopo as ganas...
miña filla!!! xa nos gustaria ao resto ter esa capacidade que tes ti. Deben ser as vitaminas ....
só por esa foto xa me imaxino como foi o teu día
Onde há dessas ganas? Eu quero!
Eu os días estupendos tamén teño máis ganas de estudar...
basta con ter un bo día, e parece que as cousas van soas!
en serio!
Enviar um comentário