19.8.06

Polo de agora


...péchase o espectáculo, ata novo aviso. Preciso descansar de moitas cousas, recuperar moitas outras. Ninguén precisa explicacións, xa todos sabedes. As cousas non son sempre como cremos que son. (nota: gracias, nenos e M., polo día coruñés; agardo se repita pronto)

16.8.06

non podía ser doutro xeito. hox era o último día en Marín, e nesta última semana aínda non pasara nada malo. así que hox, a última hora da tarde, un operario do porto foi ingresado no hospital despois de ter un accidente coa draga coa que traballaba. unha perna. ademais do morto en accidente de moto de Santomé. despídome con estas novas, que ben. quizais esta fora a primeira e última vez que fago local en Marín. quizais non, é seguro.
e despedinme da competencia, especialmente de A., que marcha un ano a Barcelona, e do Concello, e de todo un pouco. estar aquí é tan distinto a cubrir a información de aquí... creo que o vou botar moito de menos este inverno....
xa non lembraba como é o ruído da chuvia contra o cristal. sei que despois do lume, que chova non é o mellor, pero non podo menos que aledarme. ogallá isto pasara hai uns días, e aforraríamos moito monte. malditos incendiarios

15.8.06

xa van 11 días ou 12 dende que comezou. hoxe, que fun ata O Campo, dinme conta do afortunada que son porque aquí non ardeu. E síntome inútil porque mentres os voluntarios vixían o monte, eu teño que buscar estúpidas noticias que ninguén vai ler. Pero atopeime con H., que había ben tempo que non o miraba, e falei un cacho con el. Tan riquiño coma sempre, que non lle subiron os aires madrileños á cabeza, como a outros. E pola tarde voltarei ao antro a comerme o ordenador toda a tarde. Cada vez máis claro que vou a seguir o consello de S. e M. e vou a aproveitar non ter carga ningunha para marchar, lixeira de equipaxe. Aínda queda moito por diante

13.8.06

resumindo...

nin dicir que o Cabaret D'aquí estivo incrible, aínda que o público non soubo aprecialo. e despois trasladeime de sitio e fun a un concerto onde todas as pijas de pontevedra gritaban orgásmicas cada vez que os suxeitos do escenario lles dicían: sois unos superyonkis!!! foi un espectáculo penoso, podo aseguralo. pero estou contenta porque estiven con A. e coa xente que, agás dúas persoas, debera ser a de sempre pero resulta que é a de antes, pero xa ven de lonxe e xa case nin me dá pena.
de hox, só podo dicir que estou cansa e que o calzado me fixo dano nun talón. que a visita foi o mellor do día. que non puiden estar co gabinete de crise, pero aínda así, foi un día estupendo. que teño ganas de velas.
e que odio a xente que non ten ningún respeito polo traballo dos demais e polos sitios públicos (vai pola foto)

11.8.06

Provocador, directo, sincero. Cunha conversa sólida e atractiva. Sentido do humor. A entrevista foi breve, pero a conversa de despois foi longa. Perdoou os meus erros de principiante e ata me convidou a ir tomar algo con el algún día. Fixen caso dun consello e pedinlle matrimonio. Dixo que si e riu. E quedou comigo outra vez pola tarde e buscamos un sitio para sacar a foto, e despois falamos de política, de lumes e de escenarios. Do morto que está o galego, en xeral. De Marín e de D. De todo un pouco. E foi tan agradable falar con el que ata me sorprendeu, porque agardaba outra cousa, non sei o que. E tiven un bo día gracias a el, sen máis

nota 1: e para todos aqueles que me lean sorprendéndose de que aínda non o dixera, aí vai: é guapííííísimo e ten uns ollos ...

nota 2: dixo que a foto que máis lle gustaba era unha coas gafas de sol. Pero esta estaba mellor encadrada...

10.8.06

que fácil era todo cando nena. cando parecía que as cousas nunca habían cambiar. cando non había problemas que fixeran berrar e dicirse cousas terribles.
agora só quero marchar -aínda sabendo que é de covardes-, marchar tan lonxe que se borren as pegadas do camiño, e ninguén poida atoparme máis. ser unha voz ao teléfono, si, ola, estou ben, eu tamén vos boto de menos... ás veces. fuxir deste sitio onde, despois de tanto tempo, aínda non atopei o meu sitio, encaixar no meu oco de peza de puzzle.
quixera estes días volver ser nena. e non ser como son, ser outra persoa. ser outras persoas. e desfacerme desta coiraza e desta maldita memoria que me fai lembrar as cousas máis inauditas. poder abrirme e deixar as entrañas enriba dunha mesa para que un adiviño calquera viñese a lermas. facer un diagnóstico.
e poder, por fin, deixar de pensar que maldito o día que comecei (comezamos) a facerme maior

6.8.06


entre as miñas tarefas familiares de hox estaba axudar a mamá a facer unha empanada que mañá vou a degustar salvaxemente nunha xornada de praia. coa masa sobrante fixen unha oda ao meu embigo. é un rollo moi infantil, pero polo menos ando distraída, esquencendo que teño outras preocupacións meirandes. canto custa facerse maior!!!

5.8.06

marín arde. e esta impotencia

4.8.06

o oso das tuberías

escoitei historias de ribeira da súa boca, e despois pensei en levarche este agasallo, que non sei se será millor que o collas directamente dende aquí.

"Soy el oso de los caños de la casa, subo por los caños en las horas de silencio, los tubos de agua caliente, de la calefacción, del aire fresco, voy por los tubos de departamento en departamento y soy el oso que va por los caños(...) Yo busco la canilla que siempre queda abierta en algún piso; por allí saco la nariz y miro la oscuridad de las habitaciones donde viven esos seres que no pueden andar por los caños, y les tengo lástima al verlos tan torpes y grandes, al oír cómo roncan y sueñan en voz alta, y están tan solos. Cuando de mañana se lavan la cara, les acaricio las mejillas, les lamo la nariz y me voy, vagamente seguro de haber hecho bien."

ademais, hox dixéronme que estaba guapa varias veces e case cheguei a crelo. e tamén, estiven un rato a falar coa competencia -que sorte coñecelos- e descubrín que vou atopar a medio concello nas vacacións. canto me gusta marín, meu deus!!!