Provocador, directo, sincero. Cunha conversa sólida e atractiva. Sentido do humor. A entrevista foi breve, pero a conversa de despois foi longa. Perdoou os meus erros de principiante e ata me convidou a ir tomar algo con el algún día. Fixen caso dun consello e pedinlle matrimonio. Dixo que si e riu. E quedou comigo outra vez pola tarde e buscamos un sitio para sacar a foto, e despois falamos de política, de lumes e de escenarios. Do morto que está o galego, en xeral. De Marín e de D. De todo un pouco. E foi tan agradable falar con el que ata me sorprendeu, porque agardaba outra cousa, non sei o que. E tiven un bo día gracias a el, sen máis
nota 1: e para todos aqueles que me lean sorprendéndose de que aínda non o dixera, aí vai: é guapííííísimo e ten uns ollos ...
nota 2: dixo que a foto que máis lle gustaba era unha coas gafas de sol. Pero esta estaba mellor encadrada...
nota 1: e para todos aqueles que me lean sorprendéndose de que aínda non o dixera, aí vai: é guapííííísimo e ten uns ollos ...
nota 2: dixo que a foto que máis lle gustaba era unha coas gafas de sol. Pero esta estaba mellor encadrada...
6 comentários:
espera que aínda estou subindo as bragas, que me caeron ao chan...
mourullo, aforre regalo que esa voda non vai ser nunca, por máis que me dixera que si!!!
aultre, eu tampouco teño palabras
Non sei, miro a foto e non sei... Teño ganas de falar contigo. Seguro que tes moito que contar!! Bicazos frioleiros!
Non sei, miro a foto e non sei... Teño ganas de falar contigo. Seguro que tes moito que contar!! Bicazos frioleiros!rioleiros!
moito moito, meu amor. agardo por ti este xoves
é ben sabido q o davide ten un encanto especial..
mesmo a maneira de che dar un dos seus pikos dizendoche "ola cariño". eses beizos..
tiña un fermoso moskitero cubrindo a sua cama matrimonial..
..noutro tempo.
Enviar um comentário