si, si que aprendín. sería unha estupidez e unha mentira decir que non aprendín nada en catro anos metida na factoría. aprendín a aprender, a que me interesen as cousas e buscalas por min mesma. a descubrir que está ben e que mal pola miña propia conciencia, e non por absurdas normas. aprendín que o que algúns me ensinaron non o vou poder facer nunca nun medio (para ben e para mal). aprendín a querer unha profesión que quizais non chegue a exercer nunca, quen sabe.
descubrín que os vou botar de menos (a uns máis, outros menos, outros nada)
descubrín que os vou botar de menos (a uns máis, outros menos, outros nada)
5 comentários:
jeje, síntome tan identificada co que contas, Oko. A min fastídiame muito que a xente diga que non aprendeu nada na facultade... ao mellor non aprendemos de quen e/ou nas circunstancias se supón que tiñamos que aprender, pero aprender vaia se aprendemos. Dos erros (propios e alleos), das charlas na cafetería, das sesións de traballo en grupo, das "diferencias" políticas e culturais, dos libros que caen nas nosas mans...
Unha boa época, si señora, como as que están por vir.
bicos mil.
A min non me vas estrañar nada? ;( Joee volvo o domingo! Cando veñas por Compostela chama eh? Non te esquezas! Que de min non se despediu ninguén.
Por certo, cada día estóu máis convencida de que si aprendimos na facultade. A min, polo menos, cambioume o meu xeito de ver o mundo. Exactamente o que dis ti. Axudoume a ter criterio propio e a buscar o que me interesa por min, non agardar a que veña dado.
na facultade, coma quen di, os profesores foron o de menos (ou polo menos esa foi a miña experiencia). salvo honrosas excepcións (nos meus tempos: gago, pereira, xosé lopez, outeiriño...), a aprendizaxe desenvolveuse máis ben co sistema "auto": coa forte carga de traballos en grupo, nos corredores, nas conversas cos compañeiros, na busca común e emprendedora do coñecemento. os profesores puideron ser mellores, abofé, pero nós fixémolo fenomenal!! eu sempre digo que medios técnicos había e quen quixo aprender, aprendeu!
ánimo nesta nova etapa de vertixe.
Esa sensación tíñaa eu hai un aniño, e canto cambiaron as cousas dende entón. Alégrome de que aprenderas a querer a profesión: xa se encargarán outros despois de que a detestes. ;)
(Dentro das tres razas que aparecían no libro que mandaba chapar túñez, cada día estou máis próxima dos desencantados).
Moita sorte!
gracias, emereci, rubén e elianinha. ara, cclaro que te vou botar moitísimo de menos!!! pero nos veremos pronto!!!
Enviar um comentário