2.7.08

preparar e preparar e preparar xa non sei cantas cousas. facer listas interminables das catro couas que teño que levar. tentar combinar marín e compostela
xa me dá igual que o número de visitas do blog decaia irremediablemente, porque vou pechar o chiringuito durante tres meses. e fago reconto dos danos colaterais: perder ortigueira, pardiñas, o 25 de xullo, o festival de poesía do condado e tantas cousas que quedan no tinteiro
esquencer durante tres meses que o mundo existe e non volver soñar pola noite con entrevistar a chávez. lavar a man e sobrevivir ás picadas dos mosquitos
facerse maior é ter que escoller. e non arrepentirse despois
polo de agora, escollo despedirme da pedra o venres. mirámonos aló

[actualización media hora despois: e o disgusto de non poder mirar ataque escampe en directo. por que será que nunca podo estar nas datas nas que fan concertos???]

3 comentários:

paideleo disse...

Pois ata pronto.
Eu seguirei aquí se non hai novidade. En setembro teño vacacións pero teño que vendimar así que non sei como farei co blogo.
Pásao ben e cuídate.

Anónimo disse...

vaia muller! Vas onda Chávez e tes queixa ;) O ano que vén estará todo no seu sitio, e pode que algún festival máis onde irmos todos xuntos. Sempre podes reservar os carnavais, teño convencido a O Xirarei para ese menester en febreiro ou marzo. Coa chegada dos 23 xa temos que ir facendo plans a largo prazo...
Un bico guapa

oko disse...

bicos aos dous e bo vrán!!!!
ánimo coa vendimia, paideleo, vaia vacacións lle tocan!
feiranta, se podo reservo o antroido, senón apúntome a todos os festivais do ano que vén