6.11.08

fin de fines


mañá remata a tortura de pasar un mes cos ollos pegados ao ordenador. remata cun trámite tan pouco espectacular como unha exposición. quince minutos pra contar aquilo no que en teoría traballei todo o verán, e que na práctica traballei só no mes de outubro, por ter cousas mellores que facer.
e rematar gloriosamente criticando os organismos internacionais, as grandes axencias, os propios gobernos. o pouco interese que hai, en realidade, en pechar a fenda dixital. que desesperanza

4 comentários:

rui disse...

Pois que teñas sorte na exposición e xa poidas descansar un chisquiño do computador.

X disse...

Mágoa non poder escoitarlle as cousas interesantes que vai dicir.
Pois moito ánimo e a gozar da liberdade unha vez que remate.
Apertas.

paideleo disse...

Que teñas unha boa exposición e que non sexa por ti que non queden verdades que dicir.

oko disse...

moitas gracias aos tres!!!
tentei facelo o mellor posible... e non quedou tan mal ;)