22.11.08

(inciso)

teño dúas minchiñas na casa que fan que non se me quite o sorriso de aparvada da boca. desfruto de dous días de compostela, de falar durante moito rato cos daquí, cos meus. comezarei a darlle ao pandeiro en breves e cando todo o mundo pregunta que vou facer da miña vida non respondo. desfruto do momento. de moitos momentos.

(e ando fóra da rede por motivos de infraestructura. a ratos bótoo de menos)

7 comentários:

Caufield disse...

encantoume mirarte ;)

Carme Raia disse...

sabía que googleando, googleando, acabaría por atopar algunha pegada túa. así que aquí estás...
e isto era a illa peixe...
só quería deixarche uns parabéns.

maría

Suso Lista disse...

Ti fai o que mais che guste, nos seguimos por aquí. apertas

Anónimo disse...

dios, e eu na Coruña :(

oko disse...

caufield, a min tamén!!!!

bragaene, igual me matas, mais non caio en quen es... :(

suso, moitas gracias...

feiranta, planeo unha visita tralo vodorrio ;)

Carme Raia disse...

non, non te mato, porque de feito non sabes quen son. quería felicitarte porque estiven no xurado e, xa que non podo ir á entrega, pensei se terías un blogue para deixarche a felicitación por escrito. gugleei "illa peixe" e aparecín aquí... dei por feito que ti eras ti, non me trabuquei, ou?

unha aperta ;)

oko disse...

moitísimas gracias, maría
e un bico enorme