23.12.08

nadal

non existe maxia no nadal. voltou a miña musa de alén mar (e iso tenme feliz, tras oito meses de espera) mais polo xeral fago esforzos por non poñer caras tristes. non gosto de folgar e teño saudades doutros sitios que non son este. estou entre triste e enfadada cando miro as luces (horribles) polas rúas
non dá chegado xaneiro, e dende o outro lado da costa dinme que por fin recuperei o meu sotaque galego. gastemos os días

e bo nadal a quen pase por esta casa, que xa está case a piques de declararse en ruinas de tan abandonada que a teño...



3 comentários:

paideleo disse...

Boas festas.

rui disse...

Iso, boas festas, aínda que non haxa maxia, o importante e estares coa xente que queres. Biquiños.

oko disse...

moitas gracias aos dous!