5.3.09

rabia pos-pos-eletoral

cansei dos discursitos sobre a mobilidade do suxeito posmoderno, sobre o consumo de experiencias. cansei de chinis e de coches de fabricación viguesa e francesa e do quintoinferno. cansei dos discursos de patxi lópez e de que agora, de súpeto, o psoe e o pp sexan máis vascos que o irrintzi. cansei de que me pregunten cada dous minutos que a que me dedico, que que é da miña vida. cansei de que os voos sexan tan caros xusto cando quero collelos e que a administración vaia tan terriblemente lenta


(cansei de que as elecións me teñan tan irascible. quero que os próximos catro anos pasen o máis axiña posible. en realidade dáme medo que comecen)

actualización do 06/03: vía chuza, fraude electoral e conclusións
cando menos, clarificador

4 comentários:

Suso Lista disse...

Buf!!! Eu tamén estou feito polvo,pero voume dedicar a crear, sacar toda a merda e transformala en contos. Ánimo

Urizen disse...

A mín tamén se me van facer moi longos...eu acóllome a unha rabiosa resignación crítica

Anónimo disse...

al final las obras quedan la gente se va... la vida sigue igual, no creo que cambie nada porque ganen unos u otros, al menos las elecciones estuvieron entretenidas tirandose mierdecilla los unos a los otros aunque si sois sinceros estareis conmigos que quintana tenia mas basura acumulada que la montaña basura de los fraguel rock.. EL PUEBLO HA HABLADO, sonrian y no se me depriman

oko disse...

é cousa boa, transformar no canto de desgastarse, suso
urizen, a crítica é moi necesaria, moito máis que a resignación
anónimo, eu creo que as cousas si que cambian duns a outros. as elecións foron máis cansinas que de costume.e bastante sucias. o de que o pobo falou. ben, non sei se falou ou se deixou convencer con palabras bonitas, aínda que agora xa pouco queda por facerlle...