1.11.09

o libro negro


e entón remato o libro negro. e no final do libro negro, galip escribe "porque nada pode ser tan sorprendente como a vida. agás a escritura. si, por suposto, agás a escritura, o único consolo". e penso que ten razón
e porque o certo é que pouco importaba o final da novela. o realmente importante era a novela en si. cada páxina. cada asombrosa páxina. percorrer co dedo as rúas de estambul e querer estar alí. estambul, unha cidade máis para o mapa que levo gardado na miña cabeza. soa michael nyman e lembro o día que o escoitei tocar ás miñas costas, sentada no chan, apoiada contra unha parede fría coma o inferno. canto soñei con aquela música. como de baleira quedou a cabeza, que non había nada máis
remato o libro negro e miro a pila de libros que agardan enriba da mesa. o malo de viaxar é que non podes levar todo o que queres contigo. moitos dos libros que soñan con que os abra van ter que agardar alomenos un ano. pode que tamén as persoas. e xa non sei se un ano é moito tempo. ou non

2 comentários:

paideleo disse...

A ti non che cai a casa enriba: sempre viaxas.
Agardo novas do novo destino.

oko disse...

willy fogg, que me chamou un ilustre blogueiro ;)
haberá novas, prometido