14.12.09

dende o cerro del judío, ao amencer, pódese ver un monte e un volcán. o monte ten a forma dunha muller deitaba cara arriba. así é que se conta a historia entre a muller que durme e o volcán, o popocatepelt, que nunca poderán estar xuntos. cidade monstro está completamente rodeada por montes e cerros. por iso os amenceres son tan fermosos, porque a luz vai recortando o seu contorno escarpado
non conseguín ficar esperta ate o amencer, quizais porque facía frío de máis, ou porque levaba horas e horas falando e bailando sen parar. mais o certo é que o espectáculo de luces pareceume incomparable a calquera outra cousa que mirara antes. atrapante e terrible ao mesmo tempo
a cidade vai conquistando ao pouco, como sabendo que lle sobra o tempo pra facelo. o seu ritmo é tan elevado que consume, que quita as forzas
e este -cuase a característica compartida de todo o continente- o país dos paradoxos, dos sensentidos. e sigo sen comprender a falta de acción dos últimos tempos, este tragar tragar tragar con todo. canto máis vou sabendo del, máis escuro semella o futuro que lle agarda. e ante isto, tamén a seguridade de que o 2010 vai ser un ano cheo de cousas interesantes. polo terríbeis

3 comentários:

Fer disse...

Que sorte temos de mirar essas paisagens desde o teu olho doentio.

Ainda que som umhas novelas de humor e fantasia sempre gostei da descriçom que fai Terry Pratecht da luz no seu DiscWorld (Mundo disco), um mundo que realmente vive sobre o lombo dumha tartaruga espacial. O ambiente está tam carregado de mágia que a luz vai lenda, a modo, cada mencer, pingando entre os vales e as montanhas, atrasando-se nos lugares mais ocultos...

oko disse...

é unha imaxe preciosa, a que contas. é bonito imaxinar o amencer con lentitude, escorregando a luz coma se fose un líquido.
gracias por estar e por ler
bótase de menos non poder contalo en directo

Anónimo disse...

Yo vivo en el Cerro del Judío y es muy grato para mí saber que alguien ha visto un amanecer en el Valle de México desde aquí.

Saludos.