16.12.09

noites

nada ten sentido. non ten sentido baixar ás dúas da mañá a mercar aceite pra facer unha tortilla, ou debater sobre o atractivo de marvin gaye. non ten sentido beber vodka no país do tequila, ou durmir menos de tres horas entre semana. nin discutir se é mellor o pelo crecho de negra ou o meu pelo táboa. falar de identidade con xente de tan preto do país e tan diferente. sentir envexa dos que volven a casa polo nadal e facer plans pra xaneiro
percorrer de mañán tan cedo as rúas que van dun barrio a outro, mirando como vai espertando o día

a cidade déixase querer e iso é o que ten menos sentido de todo. será a base de empurróns que conseguirei facerme un oco na cidade. (e mentres, a. marcha de aquí e soa de fondo unha canción que cría esquecida, e que volveu tamén pra quedarse)

2 comentários:

aultre narai disse...

que tal do outro lado do charco? ou por onde anda este ollo viaxeiro?

:)

oko disse...

exacto, do outro lado do océano, abrindo ben o ollo pra miralo todo ;)
e ti que tal???