Tería demasiadas cousas que contar dos últimos tres días. Cheguei a Compostela aínda atordada pola rolda de prensa do señor ministro. En Galeras agardaban todos. Podería comezar a nomealos, un por un, e de seguro esquencería a alguén.
Se digo a verdade, non agardaba demasiado deses dous días. Pero foron dous días enormes, con poucas horas de sono porque ela non quería durmir ata que estivese o sol ben alto. E despois queimeime no sol da Quintana, e comín tirada na herba, e din voltas, e púxenme unha pegatina de Isca -non sei ben por que- e abandonei a certa personiña á boa de deus porque estiven máis perdida do habitual, e fun á churrascada -pouco rato- e levei petazetas -poucos, porque xa os comera mentres escribía o texto do señor ministro-, e recibín algún que outro par de bicos -algún deles, gárdoos con cariño "a lo fan histérica", e estiven ben acompañada ata que chegou o tren que me había levar de volta a casa.E admito que volvín cortar o pelo, e agora mordo as uñas -non o facía dende os doce anos- e estou a comer conguitos coma unha loca, aínda sabendo que o chocolate non me fai ben. E sigo a aborrecer a inutilidade á que me induce este maldito traballo.
O que daría por voltar á Compostela do martes e esquencer que teño que facer unha páxina diaria, e que teño que escribir sen estilo ningún, contando cousas que non lle interesan a ninguén e das que ninguén aprende, nen sequera eu
10 comentários:
Tenme que dicir por qué páxinas do Jornal anda vostede, que aló polo Galiñeiro do Sur cómprase o seu diario (que non Diario) e así podo ler as súas historias
Tamén eu quero poder lerte, e espero que o domingo me digas onde podo facelo.
Mentras tanto muitos bicos.
agardo que o pase ben nas vacacións, mourullo. o domingo, ración dobre de petazetas para vostede!!!
señores pito e muralla, se poden ler a edición de pontevedra, alí me atoparán. se non poden, non perden moito, dígollo eu!!! e agardo velos na xantanza!!!
Si, no Galiñeiro do Sur lese a edición do Galiñeiro do Sur, faltaría máis ;-)
Estarei atento, deixe pistas!; lamentablemente non estarei na xantanza, para os humanos é moi fácil, pero eu téñolles medo ós restaurantes;-)
esas cousas que non lle inetersan a ninguén e sen estilo seguro que a farán aprender aínda que non o crea. é admirable escribir unha páxina diaria. ánimos e sorte!
pois logo, señor pito, busque nas páxinas de marín... por aló me atopará... e non se decepcione demasiado!!!
marinha, estou aprendendo moito, e iso é o único que me vale a pena agora mesmo...
Very pretty site! Keep working. thnx!
»
I really enjoyed looking at your site, I found it very helpful indeed, keep up the good work.
»
Very cool design! Useful information. Go on! Cellular phone+cell phone plans+cellphone+ac
That's a great story. Waiting for more. Determing lesbian orientation services incorporation Pain rd com relief airline jobs Dolce and gabbana perfume sicily Cheavin's salvdor water filter Improper boot due to cpu speed setting
Enviar um comentário