teño un nó dentro que non me deixa pensar. é como unha bola de pelo, enmarañada de imaxes, de palabras, de historias
teño un nó que non se quere desfacer. que non se pode ver nin tocar
tenme os ollos anegados
é un país triste este. difícil de vivir
non sei canto máis poderei vivir aquí sen que doia
18.9.11
10.8.11
20.7.11
chuva
deixo a rulfo, que siga o seu camiño. rulfo que xa non me vai acompañar máis
deixo as secas serras de jalisco e paseo polo doce ar que anega o cantábrico. só polo pracer de preguntarme por que non volvo vivir lá. podería inventar unha historia para cada gran de area que asenta as praias da súa costa
despois, que teño tantas cousas na cabeza, déixoa que marche un rato, ela soa, que tamén eu preciso descansar
no cuarto húmido, este, hai un ruído xordo, como de vella máquina de facer cinema
ou será a caixa de música do meu peito
ou as saudades daquela beira do mar

26.6.11
rulfo mais eu
rulfo mais eu habitamos nas vías do tren dos domingos. pasa miña man polas súas páxinas e é coma se fóra non chovese, esa chuva fría do verán, senón que o sol pega tan forte que a pel arde
con rulfo viaxo á serra de oaxaca, aínda que el falase dos llanos de jalisco. leo miseria e pobreza e desterro
a miña man, que brilla un pouco con esta luz, repasa liña a liña cos ollos, e deixa que rulfo sexa o máis importante que hai. a miña man non sabe como era o mundo antes de que rulfo escribise, e non quere sabelo
eu non lembro como era eu propia antes de méxico
e entón, miña man e mais eu, que desde hai un mes nos queremos máis ca nunca, como se de súpeto nos descubrisemos unha á outra, fechamos o libro, poñemos a luva, saímos á luz e á auga negra do charcos, e pensamos na calor dos llanos e nos desertos que habitan os pulmóns das persoas fóra desta monstrosa cidade de ceo gris
17.5.11
pereiro
pasamos de dicir día das letras a dicir día de lois pereiro
porque o que aconteceu este ano foi unha revolución. quizais dende a miña perspectiva sesgada de atender só a certas cousas e persoas, mais eset ano semella que vivimos unha revolución da poesía que está na rúa, e non na academia
levaba anos a agardar por este día e tócame estar á marxe. a unha marxe de nove mil quilómetros. se ben é controvertido que se lle adique un día tan institucional a alguén como pereiro, a ruptura que supón, o poñer a todas esas persoas anquilosadas no pasado máis clásico a celebrar a alguén que tivo unha vida tan pouco "decorosa", é unha victoria
miña nai dicíame que pra qué celebrar a alguén que escribiu apenas tres libros. eis o grande logro. que se coñeza, que se lea, que se achegue á xente do común a alguén que escribiu pouco -se temos en conta as leis da hiperprodutividade que mandan en nós hox- pero con esa furia, é máis do que se pode agardar
a primeira vez que lin a pereiro, hai moitos anos, tardei días en reuperarme dos seus versos. moi poucas veces na vida me pasou iso. agora, a nove mil quilómetros da casa, releo a súa poesía última de amor e enfermidade, que me acompaña nesta travesía polo oeste
ogallá nunca máis voltemos celebrar a eses autores que fican tan lonxe de nós, que non nos falan, que non saben falarnos. ogallá cada ano haxa unha revolución. ningún paso atrás de aquí en diante
sementes:
lois pereiro
27.4.11
chiapas
chiapas é encontros e desilusións. é afrontar unha realidade que fica tan lonxe de nós que semella ciencia ficción. nenas preñadas. nenas descalzas. sorrisos desdentados. chiapas é tamén o grande símbolo da resistencia indíxena. esperanza e miseria. europeos que pretenden atopar un soño e despois abren bares. jipis que venden pulseiras
en chiapas reencontreime co pasado e co futuro. recarguei a enerxía como fan os minerais co sol. volvín entender que fago aquí e o sentido que ten todo isto. déronme ganas de devorar o mundo coas mans.os ollos non sempre son abondo
despois volvín á cidade monstro e sorrín moito. por que non? esta primavera veu chea de regalos, de visitas e de amor

17.4.11
saraiva
hoxe granizou. granizou tanto que o chao cubriuse todo de branco. na rúa, era todo verde e xeo, verde e xeo. estraña primavera
mentres, eu busco escusas pra non pensar e por iso soño cun sorriso que é cuase idéntico ao do gato de alicia. deitarse e acordar cun sorriso na cabeza é moito máis do que podería ter pedido
mentres, eu busco escusas pra non pensar e por iso soño cun sorriso que é cuase idéntico ao do gato de alicia. deitarse e acordar cun sorriso na cabeza é moito máis do que podería ter pedido
9.4.11
primaveraclown
pregúntolle ao meu profesor de inglés que dicir se me preguntan por que son paiaso, ou por que inclúo esta información no meu currículo. teño medo de que non o comprendan. el dime que só teño que falar con seguridade, e dicirlles que transformo cuestións nas que ninguén pensa en sorrisos. é un xeito bonito de velo
asia volve soar forte e eu que estou chea de medos e inseguridades. inseguridade de non ser o que andan buscando, ou simplemente que non precisen de alguén coma min. ás veces coa xente pasa o mesmo: non precisan nas súas vidas de alguén coma ti. e ás veces doe
falando coa pedra, sentín que estaba a perder moitas cousas. sentín que non valía a pena estar lonxe. que responder nunha entrevista de traballo se che preguntan por que escoller a vida internacional? como explicar que tamén é unha decisión que doe?

22.3.11
a miña mesa de traballo -na oficina- e ese lugar marabilloso tan propio como a miña propia casa. as pilas de libros, as fotos dos nenos, unha planta que vive enriba dunha torre de cedés. ese marabilloso caos que é tamén a miña vida, e que se reproduce en todo aquilo que toco
grampadora, xornais, videos. notas cheas de claves e ducias de barcos que sulcan os mares da torre do meu ordenador. latas cheas de sobres de té e caixas de té cheas de lápises e clips. versos ciscados en anacos de papel
coñecín un poeta que envía caracois debuxantes. coñecín un poeta que pensa en máscaras e megáfonos mentres eu falo de patrias e partos
no parque afundido atopei esquíos e palabras e levei un pouco do seu sol á lámpada que alumea a miña mesa na oficina. estou cursi porque chegou a primavera e non me importa. xa abondo gris hai nos xornais, que só lembran que hai unha guerra -entre tantas- porque comezou hai pouco. teñen memoria de peixe
nun cacho coloco unha foto. mais pode que non atope nada que ilustre todo isto
16.3.11
a pequena g
non existen as palabras de gracias. só as de amor, cando son de verdade
e existen tamén as persoas que son constantes vitais no camiño que nos toca percorrer. falei moitas veces da pequena g nesta casa. moitísimas veces. e como constante que é, volve unha e outra vez á miña vida, chea de amor
a pequena g é unha desas persoas que fan crer que outro mundo é posíbel. é unha desas persoas que constrúen día a día un outro mundo posíbel
ela foi a primeira coa que sentín -e con quen máis o sentín- que a vida nos levaría a cada pouco polos mesmos camiños, para írmonos atopando. ela é unha das poucas persoas coas que semella que non pasan o tempo e a distancia. que sabe escoitar, cousa ben rara nos tempos que corren
a pequena g é unha valiente. e ademais de ser valiente, quéreme e lévame no seu pensamento
e eu, que non atopo palabras que digan todo o que podería dicir sobre ela. porque querer fica pequeno e tamén a levo sempre comigo

15.3.11
sol
que non vos enganen os berros. este ano xa morreu. que non vos enganen as luces nin a música
porque, claro, soan agora todas as cancións que deixamos pasar e que falan de nós e das nosas decisións. tamén das cousas que non fixemos
o sol do caribe queima e é imposible afacerse á soidade e á tristura dos aeroportos
(preciso de contar todas esas respiracións, todas as noites sen durmir. todas e cada unha das conversas) ou é que se lle poden poñer números a todos estes meses?
cando vivamos nun circo e teñamos fiestras vermellas, xa non precisaremos de chorar en lugares aos que case ninguén chega, como este
non me quedan escusas pra non dicir a verdade. vaise esgotando o tempo. este ano morreu e agora temos por diante unha vida toda. podo inventar todas esas cancións que non escoitei nunca, e fuximos polo mar, ata o pacífico, iremos ata o pacífico. ninguén nos coñece lá
non ten sentido escribir cousas bonitas se non son quen de dicirchas de ollo a ollo

12.3.11
caribe
- esta incapacidade de dicir o que teño que dicir. esta capacidade de dicir o que non debera dicir
- o estado natural do ser humano é o sol
- existe unha cultura feminina? ou máis aínda, por que as mulleres non conseguimos equipararnos aos homes na producción cultural?
- pintar na area
- máis de tres mil anos domesticando o chile
- o estado natural da miña pel é o branco
- vivir fóra do mundo significa non enterarse de que un tsunami soterrou a miles de persoas. vivir fóra do mundo significa que o máis importante para un sexa o nacemento dun neno
- esta incapacidade de sentir o que hai que sentir. o medo a non sentir ou a sentir de máis
- a poesía non é un oficio, claro. é un estado da alma. que llo pregunten a todos os poetas -poetas de veras- dos últimos dous mil anos
- teño sono e non quero ir durmir
- mañá marcha mamá
21.2.11
seiscentos cincuenta e un
chorar coma unha estúpida por un filme malo. niso fechas a fin de semana, na que nada importou abondo. só ela, a quen antes admirabas e agora xa é como da casa, como alguén corrente que se vai metendo no día a día através de liñas que chegan de alén mar, e que te emocionan tanto como facía moito nada facía
e si, que lindos ojos, malagueña. como el candor de una rosa
de maior quero ser poeta, digo algúns días. quero ser poeta e escribir cousas bonitas. así, con esta inxenuidade. quero ser poeta con el candor de una rosa

17.2.11
cidades
por culpa dun lector de vello desta casa, ando a preguntarme se terei algunha relación especial coas cidades nas que vivo. algo que saia do común
e venme á mente a marabillosa filipa leal, da que namorei fondamente no último festival de salvaterra ao que fun
e venme á mente a marabillosa filipa leal, da que namorei fondamente no último festival de salvaterra ao que fun
A CIDADE ESQUECIDA
Ela disse: Sou uma cidade esquecida.
Ele disse: Sou um rio.
Ficaram em silêncio à janela
cada um à sua janela
olhando a sua cidade, o seu rio.
Ela disse: Não sou exactamente uma cidade.
Uma cidade é diferente de uma cidade
esquecida.
Ele disse: Sou um rio exacto.
Agora na varanda
cada um na sua varanda
pedindo: Um pouco de ar entre nós.
Ela disse: Escrevo palavras nos muros que pensam em ti.
Ele disse: Eu corro.
De telefone preso entre o rosto e o ombro
para que ao menos se libertassem as mãos
cada um com as suas maos libertas.
Ela temeu o adeus,disse:Sou uma cidade esquecida.
Ele riu.
3.2.11
o sol
baixo camiñando desde o traballo todos os días. unha hora. case sempre no punto exacto cruzo con el, e nos últimos días comezo a dubidar se de certo existe, se non será que só eu o podo ver
co pelo desordenado e a roupa rota e suxa, pero leva traxe, e camisa, e garabata, iso si. zapatos rotos e un libro moi grande debaixo do brazo. podería ser o código civil, un tomo de enciclopedia
ou unha novela de cabalerías
peor o título, en letras douradas, está roído de máis como pra poder lelo
invariablemente levanta os ollos do chan, mira pra min, e segue o seu camiño
e eu non sei que sentir

22.1.11
sábado
os versos de david huerta. as acelgas. chamar a manila. o inglés e o português. o recendo a tabaco que entra pola fiestra. o sol de inverno que quere ser primavera. os libros pra colorear de deuses maias. os narises vermellos de pallaso. os frijolitos que medran dentro das barrigas das mulleres. a numeroloxía. ser e estar. méxico. as palabras de xente que di que son artisticamente mediocre. a lista da compra. os bestiarios e os animalarios. os poetas. dubidar nas propstas. áfrica. os retos. o medo. ojalá que llueva café en el campo
querer ser e non atreverse. voltar aquí. voar. as cancións de amor que soan baixiño. os cadernos de follas amarelas. as chamadas por teléfono. os ollos azuis
facerse maior. os días que pasan tan axiña. méxico
as dúbidas. as ausencias. áfrica
escribir. o medo. áfrica
áfrica

15.1.11
ouro vermello
de que xeito se van enlazando as palabras como os punteos nunha guitarra. de que xeito o sol fai arder a pel e á mañán seguinte vai tanto frío, e arredor só hai agaves e montes altos coma mundos que fan pensar que volviches atrás, que estás nos andes e sempre é vrao
como a casa se vai enchendo de peixes e procuras nos libros mais non, os filósofos gregos pouco ou nada falaron de peixes e de barcos de papel, coma se non fosen abondo importantes. que é case a unha da mañán e toda conversa posible di que neste cuarto, entre estas catro paredes, non hai changos senón peixes, e unha serea esquelete, e un sombreiro de retallos de telas coloradas. e xuras e xuras que non, que non hai changos
ou é que acaso quixeras que a conversa xirase arredor de illas no ecuador ou sobre arreglos a unha canción que fan pensar canto tempo hai que non escribes por encarga, que tristura
nomás eso, dis. nomás que peixes e nomás que sol e nomás que mulleres de trenzas longas coma mundos que sorrín desdentadas mentres se fan entender nun español precario con turistas do norte de europa. que mundo este
e onde quedou áfrica? pois debeu de quedar fóra do cuarto, cos changos. onde vai máis frío. onde é máis noite. e xa vai ser a unha e comeza a furar a fame no estómago, ou as ganas de comer, que non é o mesmo. e si, van sendo horas de ir pra cama. tanto teñen os peixes. e as sereas con guitarras. e os esqueletes desdentados e as illas nas que o sol bate tan forte que non pode agromar nada da terra
é tarde de máis pra pensar
31.12.10
tlatelolco nos límites de 2010
gasto as últimas horas do 31 no df indo a tlatelolco. sento nun muro, frente á igrexa na praza das tres culturas e achégase a min un home. fálame da praza, do 85, do edificio que foi da sre e como se acende de luces cada noite. a súa filla que naceu no 85 -coma min-, parirá en xaneiro, di. dáme as súas beizóns para o ano que entra e marcha sorrindo e mandándome bicos polo ar
e non me atrevo a preguntarlle polo 68. nin polo edificio chihuahua. non podo
quizais porque aínda non podo admitir canto me calou esta parte da historia. canto está a influir en min e no méxico que vivo
quizais porque aínda non podo admitir canto me calou esta parte da historia. canto está a influir en min e no méxico que vivo
na praza hai un mural que di:
in otin ihuan totonaltin nican izcallia
totauhca anahuaca tlathui axcanmochipa cencol moyolixco
que quere dicir:
aquí renacen os nosos camiños e os nosos días en todas partes e no teu corazón
dende agora e pra sempre a nosa gloria de anahuac esperta
pero na pedra que preside a praza, e na que faltan tantos nomes, di que
unha parella dáse bicos nun costado do poema terrible, porque semella que hai un méxico que esqueceu o 68. que nin pensa que sería do país sen o 68
e penso, entón, que seria de min de non ter coñecido tlatelolco
remata o ano fatal e eu fecho o círculo aquí, na praza das tres culturas, agardando a que chegue o ano novo de luces e músicas. decidindo se quero que renazan os camiños ou que haxa un minuto de silencio no banquete

27.10.10
de volta. alomenos por hox
(dous meses. xa pasaron dous meses e creo que nunca ficara tanto tempo calada por aquí)
[http://www.youtube.com/watch?feature=player_profilepage&v=vV5VJI6gnOI]
o maldito youtube non me deixa insertar o video
camiñaba polo metro e atopeino. a el, ao rapaz das imaxes. unha policía sacábao do andén. esta cidade é tan pequena que as posibilidades de atopar a todo o mundo son infinitamente grandes
despois, dous días despois, fun ver unha obra de teatro no cárcere e pensei que por cousas como estas valía a pena estar aquí. por ver como rapaces de entre dazaseis e vinteún anos, a meirande parte cumprindo penas por homicidio, representaban un motín nun barco antes do descubrimento de américa. como moitos deles levaban no brazo ou nas costas a marca do cárcere, a marca indeleble las tres liñas
asistía, por enésima vez, a unha realidade tan afastada de min. coma unha sorte de submundo que doutro xeito nunca tería posibilidade de tocar sequer
o mesmo acontece co escenario, comezo a pensar. nunca antes pensara en subir a un. e aquí estou, co meu narís vermello, tan pequeño que ás veces ate semella que o pinto. a máscara máis pequena do mundo, di o mestre, que é o mellor dos mestres posibles. subida a un escenario con todo o descaro do mundo, que dicían que é o mellor xeito de ser e estar
cuase en derribo a casa esta, non sei se pedir desculpas a un alguén invisible que está do outro lado, ou asumir a derrota con toda a dignidade posible. xa van cinco anos e sinto que todo isto xa non ten sentido. se hai alguén, aínda, por aí atrás... que pensa?

21.8.10
temperance
entón arrola a voz dese taxista que pasa dos setenta, que che canta coplas mentres atravesa a cidade caótica de venres a mediodía. e podes ir mercar flores ás dez da noite nalgún posto de rúa aínda sabendo que nin todas as flores do mundo che poderían axudar a dicir todo o que tes que dicir
as cartas contaban que a túa vida estaba paralizada e que ameazaban grandes cambios e ti, que nunca quixeches crer nestas cousas, durmías co anxo ao carón da cara. que máis dá quen diga aquilo que non queres oír, se as cartas ou calquera que agora che arrodea. tanto tene entón pensas que xa hai tempo que querías falar das visitas, ou da viaxe a chiapas, ou dos novos figurantes que anegan o teu teatro e aquí te ves, durmindo un pouco baixo o ceu gris de despois do xantar, antes de entrar nunha semana estraña que comeza en sábado, e que ten sabor doce e acedo a partes iguais. porque estás a piques de envelenarte dunha máis das grandes farsas que tentan enganarnos coa posibilidade dun mundo millor
19.7.10
paciencia
as unllas e o pelo medran desmesuradamente aquí. existen tantos circos que sería imposible contalos e quizais pola multitude de paisaxes, o mundo interior tamén pasa por infindas estacións diferentes, que bulen coma o movemento das ondas
chove moito e unha acostuma a mollar os pés como reivindicación de algo que aínda non se decidiu o que é. non están os tempos pra facer poesía, e menos poesía política (nunca estiveron os tempos por dentro como pra facer poesía política). e se cadra o definitivo sería coller un narís de paiaso e ir á oficina con el, coma se nada. unha auténtica revolución
non están os tempos para a poesía nin para pensar no futuro, que diría calquera. non hai futuro. no futuro xa non terei estes anos. no futuro vou ser adulta e despois vella e queixareime de que non fixen senón mirar a vida pasar desde a marxe, coma quen non se atreve a meter os pés no río
nen sequera teño plantas. mamá mercou outro paxaro, que outra vez se chama atanís. desta é azul. pero este atanís nunca chegará a coñecerme, a oír a miña voz, a pasear pola casa sobre o meu ombreiro
o tempo pasa tan axiña que o pequeno xa cumpliu dous anos fronte a unha tarta de dora exploradora. e a min, que nin sequera me dou tempo a ver a televisión nas vacacións
o tempo pasa tan axiña que o pequeno xa cumpliu dous anos fronte a unha tarta de dora exploradora. e a min, que nin sequera me dou tempo a ver a televisión nas vacacións
as cartas din -porque as cartas falan- que fai falla ser máis flexible, menos estrita, para que a roda da vida volva xirar. e eu que cría non saber o que era a disciplina, descúbrome vítima dos meus propios muros. cinguida a uns padróns predefinidos coma un soldado. disto tampouco pode salvar a poesía e descubro canto de máis sinxelo é dar consellos aos demais que mirar cara dentro dun propio
e van pasando os días e a cidade, que bule e treme coma un animal, vaime pedindo máis. pide máis tempo, pide máis fala, pide máis carne e máis ósos. e eu, que llo vou dando todo, sen protestar. doulle tempo e doulle palabras e doulle a pel toda que vai esfarelando polo roce coa roupa do inverno. doulle sorrisos e, tamén, bágoas e berros. cando me enfada, entón doulle golpes e silencios
e a quen me arrodea, non sei. non sei que dar cando non están os tempos para poesía
así que a eles, a eles prométolles paciencia
15.7.10
13.7.10
3.7.10
días curativos que deixan atrás a primavera
cando cheguei á oficina, recibíronme cun benvida á casa que me fixo pensar que, claro, en realidade este país é agora a miña casa. durante as horas que seguiron ao mediodía, cantineando, chorándolle aos mariachis por unha canción que nunca cheguei, decateime de que desque volvera tiña obsesión por lavarme os dentes continuamente, sen saber exactamente por que
quizais porque a viaxe fora longa de máis, de arredor de... canto? vinte horas? e cheguei e agardaban por min no aeroporto cun sorriso inmenso e os brazos ben abertos e rindo porque me perderon as maletas. si, claro, é pra rir
cumprira con todas as cousas que tiña que facer: visitar os meus mortos, xogar cos nenos, dicir moitas mil veces quérote, falar, falar, falar, tamén escoitar. dar sorpresas. chorar (moito, moito máis que falar). topar con xente que había mil millóns de anos que non miraba. ir á praia. sorrir. falar de méxico, do tequila, do narco, da violencia
chorar

chorar hoxe cunha despedida, a primeira en todo o tempo que levo aquí. maldito este mundo no que me movo, no que a xente vai e vén continuamente. así afronto un cambio de etapa. nunhas horas, e segundo as consideracións dalgún organismo internacional, deixo de ser xoven pra me converter en adulta
e non podo evitar botar a vista atrás. o ano pasado, algún lugar perdido do oeste lituano. hai dous, baixo un trebón andino. hai tres, sen luz na habana. semella que os camiños me van levando a afastame da casa e eu que me empeño en estar, virtualmente, a través das liñas telefónicas, coa cabeza, que moitas veces está máis alá que aquí
mais si, esta é a miña casa agora. e por iso planeo sair antes do traballo pra ir mercar unhas katiuskas, ou armar un barco de papel o suficientemente grande como para coller dentro (e si, claro, das seis veces que vin o filme, chorei seis, que non é mala media)
estar lonxe, quen o diría. ir facéndose maior. vai un morrendo vai aprendendo, que dirían na casa e, claro, asumir responsabilidades, e tamén asumir as consecuencias das decisións que se toman. as consecuencias, por exemplo, de ir pola vida sen paraugas, ou de querer as cousas que non se poden ter. as persoas tamén
e como chove tanto fóra non deixo de pensar naqueles versos que dicían, como era? os amigos son os que mellor coñecen as dores que se apegan, non, non lembro ben. mais todos sabemos de que versos falo. si, esas dores de inverno
17.6.10
635 (día 59+3)
cantas cousas estrañas nos acontecen ultimamente. exames ás presas, futbol, medias rotas. pásannos días de chuva que alternan escena con días de sol radiante. chamadas telefónicas que nos acusan de crear monstros e máis algunha despedida tinguida dun dramatismo que por momentos semella excesiva. libros de neuroloxía e poemas de passolini. saudades que asaltan a horas insospeitadas. ganas de facer a maleta e marchar
segredos que levo gardando xa tempo de máis, e que só teño ganas de berralos a todo o mundo
son tempos estraños. a miña cabeza está máis alén mar que aquí. o meu cerebro está máis aquí que alén mar. e ningún dos dous funciona como debera
preciso osíxeno e tranquilidade

14.6.10
killing moon
non sei se alguén che falara da lúa no parágrafo número seiscentos trinta e catro. importante porque todo comezara con lúa chea. e todo rematara con lúa chea tamén
decidimos que a solución era expulsar todo o mercurio que nos quedaba no corpo, e deixabamos correr o tempo mentres dabas voltas arredor de min, pequeno satélite. dicías seguir o rastro da miña luz. falabas dunha certa hipersensibilidade á miña luz
-o carreiro que levaba á túa casa estaba marcado cos libros que eu che regalara, escollidos tras dun fondo estudo da primavera nas túas mans-
despois veu o teatro, e a roupa toda de máis, e os nomes que nos puxemos
despois veu o sol e a primavera. despois viñeron filmes e versos
e ao final, ao final de todo, chegou esa palabra que non nos atreviamos a dicir
pasei da rabia á dor. pasaches do capricho á dor
fixen a conta atrás e de súpeto xa nin era abril nin primavera. chovía e polas noites nos picaban insectos que non sabíamos atopar coa luz acesa
a cidade está tola, dixen. por tras das fiestras ameazaba o fume e o desacougo
doíanme os ósos e por iso ti me aloumiñabas o corpo con palabras bonitas. nunca dixeches mentiras. alomenos, non mas dicías a min
e si, o día que marchei, agardaches a perderme de vista polo final da rúa. e entón eu quixen quedar onda ti para sempre
maldita lúa

31.5.10
maio
fago repaso rápido en lectura diagonal de cousas que naceron en papel hai dous anos. dous anos non son moito, penso, mais en dous anos todo mudou abondo como pra sentir que foi máis, que dous anos son unha eternidade. en realidade todo mudou tanto nos dous últimos meses que semellan tamén unha eternidade
fago repaso, dicía, e sinto que a pesares de todo, aquelas liñas están vixentes hoxe, palabra por palabra. os pequenos dramas diarios. As pequenas derrotas que se miran tan grandes por momentos. as dores mudaron, se cadra, mais o xeito no que magoan é moi semellante
volta ao non durmir –ou durmir mal. volta ás caras grises e ás ganas de voltar a un lugar que funciona como unha sorte de curación interna. volta a pensar que nun ano isto non será máis que un mínimo arquivo na memoria, tan sen importancia, porque serán outros os dramas e as derrotas cotiás
mudou o escenario, si. por mudar, mudei de xeografía. mudou o meu corpo e o meu xeito de escribir. mudaron as perspectivas de futuro e de presente, tamén. mudaron as sabáns na cama e os libros que leo polas noites
tamén mudou o xeito de facerme dano a min propia e aos demais. fágome maior, ás veces a marchas forzadas. procuro problemas que eu mesma teño que resolver e que sei resolver. que teño que resolver. mais os problemas, cando eres grande, fanse máis difíciles, máis escuros, enléanse e implican a máis xente
e, como vía de escape, como fuxida, penso na casa, e refúxiome no van invisible que a cidade de pedra –a miña illa-, amorosa, me ofrece. un van pantasmal, frío e húmido dun inverno que se cadra, como cada ano, se resiste a marchar, pero que agarima polo de coñecido que ten. hai quen me agarda do outro lado e penso na aperta, aperta plural, sempre plural, para cando chegue
aínda que se vaia sementando dor –de xeito consciente, xa todos somos grandes- aí están os ollos doces de quen non xulgan, de quen non reprenden, de quen só aconsellan e apoian. e se se fechan os ollos, coa cabeza pousada sobre ese van, estes dous anos, estes dous meses, fican así tan lonxe
30.5.10
e abril
tendemos a buscar o difícil, porque é nos retos onde atopamos máis pracer. tendemos a complicarnos máis do que debera ser natural. tendemos a encapricharnos con aquilo que non podemos ter
mais se volvese atrás voltaría facer exactamente o mesmo
abril morreu. fixémolo morrer por non dicir que o matamos, que se sinte peor. abril morreu con data de 29 de maio, despois de lúa chea, e deixou un baleiro inmenso no ceo. abril levou para quen sabe onde todos os sorrisos, todos os bicos, todas as palabras. deixamos que maio viñese, e maio chegou para ocupar o sitio que por lei dereita lle correspondía
na tarde de conversas curativas, brindamos cunha beberaxe chegada de alén mar polos días que van vir. apostamos todo o que temos a xuño, porque non pode ser peor que maio
e entón, por non perder costume, só escoito e leo cousas que me fan sentir triste. escoito lene, por exemplo, repasando a letra, frase por frase, en voz alta. e penso nos seus ollos de navegante e cuspo na sorte que tiven sucalos nun abril que non durou tempo abondo pra saber de que cor era o reflexo que ía deixando a luz do día neles

26.5.10
Subscrever:
Mensagens (Atom)