15.9.07

De feito, o que máis me gustou del foi o seu sorriso, que brillaba moito coas luces, e que se vía agrandado, supoño, polos efectos do alcol. Gustoume o seu sorriso, e inventarlle un oficio.
Agora, agora que empezo a vivir de verdade (e máis aínda, se cabe) Compostela, agora é cando teño que me despedir. E éntrame a tristura...
(nota: quen dixo que non sepodía facer unha entrada de blog sobre unha noite de xoves normal???)

2 comentários:

com_ramona disse...

e dixo a comandante ramona:

- "unha noite coma onte non merece unha entrada de blogue"

[sempre foi de optar por unha creación reducida, concentrada, destilada xa que logo, máis do que de guindar grafemas a eito.]

sigo convencida, logo. o exhibicionismo cibernético prestará, non nego, mais non é o referente para crear.

foi dito.

Laurindinha disse...

Os xoves noite son inspiración pura e dura. Eu non a desperdiciaría!

Deixas Compostela... pois moita sorte na nova estación!