De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
Xa
...
Ten coidado, non te vaian ilegalizar a ti, coa marcha que levan
e que o digas. dentro de pouco prohibirán respirar aos sospeitosos de ser abertzales, non sexa que vaian deixando virus roxos no ar!
Democracia made in spain
Enviar um comentário