25.2.08

de fins de semana


Xuro que non o arrinquei eu. Pero podería telo feito. Voltín a Compostela e cubrín a miña dose de falar galego, de rir coa miña xentiña, un pouco da cuota de libros novos (un deles agasallado), pousei con pouca roupa para unha fotógrafa que promete, saín (pero pouco, en fin...), soprendín aos papás aparecéndolles na casa por sorpresa, e sentín ao Polgariño meneańdose no seu tobo.
Agora teño as pilas cargadas e uns cantos quilos de pelo menos na cachola. De aquí a maio, cóidenme moi ben da pedra e do mar polo Atlántico, señores

4 comentários:

Fer disse...

1.- Perdoa por marchar cedo esse dia. Para um que estás em Compospetra... e que estava mui malhadinho.
2.- Arf! Arf! Arf! Arf! Que fotos!
3.- [maldade]Moviches os kilos da cachola às cachas? E que de verdade que estás fermosa :D :D
Um beijo grande.

Anónimo disse...

isto é insoportábel!! Estou indignadísima:

1. cortaches o pelo
2. Fer dí que estás fermosa
3. rajoy levaba o traxe do meu pai cando casou
4. non me despedín de ti
5. .....

Murrucha disse...

OOO algrome de que puideses facer unha escapada por sorpresa. Espero que o pasaras xenial! Eu agora andarei por Vigo.

Bicosss

oko disse...

a ver, por orde
FER:
1- don güorri, voltarei pra darvos a vara con máis intensidade
2- moito mellor que as fotos foi a sesión de fotos e mais as que foron censuradas :D
3- xa che dixen que non te meteras cos meus quilos!!!
(un bico!!!)

SIVIENESACANGAS:
1- cortei o pelo, pero a pelicorta máis guapa do mundo segues a ser ti
2- fer non ten criterio, xa sabes ;)
3- o que conta non é o traxe senón a percha. o teu pai ten percha anque leve un traxe hortera. de rajoy... que dicir!!!
4- mellor non despedirse, que me poño melodramática :S
5- eu tamén te quero, canguera

MURRUCHA:
Vigo tamén é moi bo destino!!!