10.9.08

crónica xiii.


liliana é negra como a noite
os seus irmáns abanean os pés colgando dalgunha estrela, lonxe da terra
a súa nai sorrí suave, cuns ollos pesarosos, cargados de tristuras. vén fuxida do pacífico, dun mar de conflictos, violacións, medo
liliana tírase á auga e di que sabe nadar, mais afoga
ri e coida dos seus irmáns
apégase pronto a un, tan axiña que costa un mundo despedirse dela
liliana é fermosa como a noite
estase a facer maior á forza, valente. lánzase á vida sen saber nadar
e nin así se lle apaga o sorriso

2 comentários:

Zerovacas disse...

vou agardar por estas crónicas a diario. son moi fermosas. pásao ben esta semana

oko disse...

moitas gracias!!!
bicos!