22.9.08

crónica xvii. (festas en vilapán)


o mellor lugar onde durmir é un leito de mandarinas. aprendín o pracer de ir roubarllas ao veciño os días nos que quedo na casa. tamén facer bailes parvos pra que os rapaces se partan da risa e os instructores pensen que estou un pouco tola
nas festas da vila, unirse aos outros estranxeiros, os únicos estranxeros que estamos aquí, e que ata eles se rían de nós ao oir pola megafonía en plena cabalgata, también están con nosotros las compañeras de españa, terra, tráganos ben fondo
explicar un millón de veces que non, que non somos españa, e discutir de historia, de desenvolvemento, da realidade cubana e venezolana, de latinoamérica
deixar que descoñecidos nos expliquen o namorados que están todos do noso pasaporte e acudir á elección da raíña das festas pra decatarnos da sorte que temos de non considerarnos a nós mesmas un cacho de carne con medidas
durmir con música pra poder durmir, chegar ao luns pola mañá con novas que poñen triste. recibir correos dende gz, dende eh, dende italia, dende as illas africanas, todos dicindo quero que volvas e eu que non sei se quero volver ou non, con estas ganas tremendas de apertar e que me aperten

5 comentários:

Urizen disse...

...Devólvolle a aperta dende esta beira do Atlántico

Fer disse...

E as ganas que temos nós de te apertar? :D

rui disse...

Hoxe deixo unha mirada!
Pois eu tamén estou lonxe de Galiza, e tamén me ten pasado de mostrar o pasaporte e o home quedar a admiralo como se fose unha xoia. E o de que che digan español é o de menos, os bascos, cando veñen aquí corrixen sempre a quen lles confunda a nacionalidade, eu non, non ten moito sentido, nin saben que existimos, nin eu sabía tampouco dos pobos Chaoui ou Mzab antes de chegar. (De todos os xeitos case sempre me toman por turco ou italiano).
Saúdos.

Suso Lista disse...

Mandámosche todalas apertas desde o sitio mais cerca de ti, a costa da Morte. Muacs

oko disse...

gracias polas aertas, rapaces!!!
rui, a min confundíronme repetidamente coas arxentinas! pero bueno, é gracioso irlles explicando que gallegos non é por todos os españois, senón dese recunchiño do atlántico!!!