15.12.08

domingo

voltín cun libro, mais non fun quen de abrilo ata que toda a casa durmía, xa ben entrada a noite. precisaba silencio. tamén pra pensar que (case) todo o interese do día xirara arredor dun conxelador que procuraba a conquista da neveira e da cociña toda nestes días nos que o frío está apegado ao corpo coma unha segunda pel
patente a miña incapacidade de ser eu mesma falando noutra lingua, comprobei que duchil non aparece no dicionario, aínda que ben merecería unha entrada propia, destas de dicionario escolar que ata inclúen ilustración. despois sorrín moito por ter estado co sorriso máis fermoso de compostela e laieime de non ter chegado a tempo de oilos
e, despois, perder os ollos entre unhas páxinas que me fixeron crer que estiven alí. pegar un salto no tempo, desafiando ás leis da... era a termodinámica, non?

2 comentários:

Gatonegro disse...

Era a termodinámica, era.

Esváenseme un chisco as ideas ca febre (39 and rising, e iso mesmo co gramo que xa me metín no corpo), pero gusto do que leo -- case tanto como desgusto non estar agora onde debería de estar. Así que permítame parabenizala de novo.

oko disse...

graciñas!