13.3.09
de illa en illa
a illa estaba preciosa de veras o mércores. á mañá gris sucedeuna unha tarde radiante. sentadas no embigo da cidade falamos dun milleiro de cousas e as horas pasaron axiña. tanto que deu mágoa marchar
di x que a quero tanto porque foi o meu último fogar. pode ser, mais non só iso
tamén a outra illa foi o meu fogar nos últimos meses, e por iso vou botala de menos tanto de aquí en diante
en menos dunha semana estarei no terceiro dos vértices que tanto foron no último ano. unha illa que nunca espertou demasiada curiosidade, pero que agarda sorrinte a que chegue
desculpen se tardo en dar sinais de vida
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Cando voltes estaremos por aquí de visita. Un bico
Agardo novas.
e logo onde vas?
estou en londres, cangas!!!
bicos aos tres!
Enviar um comentário