18.10.09

de manifestacións e cousas que non gostan moito

entre cincuenta e cen mil andan as cifras. ás veces os números son algo máis ca números. coa pel de pita. a figura feble de pousa antelo debuxada sobre o escenario ou o discurso vigoroso de xurxo souto. sentín orgullo. o orgullo do día de sol en que todo o mundo sae á rúa, aínda sabendo que pode que mañá ninguén lembre xa que o moveu a moverse. a historia cíclica deste país
e pode que si, que histórico sexa o dezaoito de outubro de dous mil nove, do mesmo xeito que histórico debe de ser o momento político de caos que vivimos. que menos que erguer a voz

...

despois sentín rabia. unha rabia terrible cara ao final, cando un xornalista da televisión saiu ao escenario a facer un directo para o telexornal mediodía. houbo berros. houbo increpacións ao propio xornalista, que estaba alí facendo o traballo que lle mandaban, sobre decisións non tomadas por el. quizais porque ese xornalista é un amigo, doeume. primeiro, porque a tvg deu unha cobertura a esa manifestación que ningún dos que estabamos alí podiamos imaxinar (alomenos tres directos). manipulación? non serei eu quen a negue. obviamente. pero atacar persoalmente a un xornalista non é xeito de manifestar o descontento. os xornalistas, a fin de contas son tan (ou ás veces máis) vítimas que os espectadores da manipulación que os políticos fan dos medios públicos de comunicación

5 comentários:

oko disse...

http://pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=1386:mais-de-70-mil-pessoas-manifestarom-se-em-defesa-do-galego&catid=8:cronicas&Itemid=69

Mr Tichborne disse...

Atopei esta anotación no Levantador de Minas que coido que descrebe o mesmo incidente (e nin meto nin saco, porque non estaba alí).

http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2009/10/18/television-manipulacion-protestas-contra-a-emision-ao-vivo-da-tvg-na-manifestacion-en-prol-do-galego-de-18-de-outubro/

Anónimo disse...

Si segun los de La Secta en la manifa contra la ley del aborto hubo 55.000 personas gracias a si infalible empresa "LYNCE" en esta no se pasaria de 1000

Mr Tichborne disse...

Anónimo, dubido que 1000 manifestantes encheran a praza da Quintana dúas veces. Á próxima, que instalen tornos.

oko disse...

gracias polo enlace, mr tichborne, e pola resposta a anónimo. concordo totalmente co seu segundo comentario