14.10.09

a pesar de ter unha interesante vida interior cando estou soa (cousa que non significa máis que que non me aburro demasiado comigo mesma) teño a sensación contínua de que esto que rodea é un tempo baldeiro, de non facer nada. quizais por iso me obsesione cun libro que me ten fascinada case dende a primeira páxina, ou me dedique a facer notas mentais sobre cousas das que querería escribir e xa non lembro (pulula polo taboleiro da cabeza unha foto de arnaldo otegi, o enderezo dun hospital, retallos dunha ponte de teatro e cinema)
agardo impaciente por un correo que virá a me confirmar se pasarei ou non os próximos doce meses a uns miles de quilómetros de aquí. fálase de nadal en cuba e de tarde en cangas. fálase de desubicación e de saudade anticipada. de rural e futuro. e de como esquivar as preguntas de por que non me busco unha vida normal e me deixo de experimentos estraños



e de agasallo, un video preciosísimo

3 comentários:

emereci disse...

Todas as vidas, tamén as normais (sobre todo as normais) son experimentos extraños.

Bicos e sorte con ese correo

Urizen disse...

Bríndolle polos experimentos estraños que nos deixan ter unha vida interior interesante...As vidas normais non deixan tempo a desfrutar de videos así...

Boa viaxe cara o experimento...

oko disse...

tes razón, emereci. ás veces as vidas máis normais son as que máis cousas extraordinarias agochan.
e moitas gracias, urizen, seguirei informando