27.6.06

clase práctica sobre as formas de organización territorial:

estado unitario

estado federal

confederación

organizacións internacionais


impartido na clase de Dereito da Información
por cortesía do enorme profesor Pereira

24.6.06

o lume que facemos na casa é pequeno. case é máis grande o que usamos para asar os xurelos. pero a min gústame. gústame porque mamá está colorada polo lume e dime que beba viño que é bo para o corazón. e facemos as herbas de sanxoán, os poenxos, e vaime explicando que leva: herbaluisa, romeu, fiuncho... e despois pregúntolle que é aquilo que facían miñas irmás cando eu era nena. botaban un ovo nun vaso e á mañá seguinte saia na xema o debuxo do oficio do home que as leve. eu non o fixen. porque non creo que sexa certo, ou porque nos queda sempre ese medo de que no fondo poida ser certo. eu non quero que me leve ningún home. nen ninguén.
despois, ás doce en punto, saltamos a fogueira tres veces e pedimos un desexo, para ver se o azar ou o sanxoán nolo cumpren. e despois os invitados foron marchando, e quedamos os catro a ver como acababa de arder a leña no lume e apagámolo e marchamos pra cama que mañá hai que traballar.
non é marabillosos estar na casa por estas datas?

22.6.06

non. non quería poñer unha foto ñoña típica-tópica das miñas uñas porque me pareza todo moi artístico. non é iso. é que levo toda a tarde a tentar comprender a lei de partidos e tentar analizar a súa viabilidade actual estando as cousas como están. e canto máis leo e máis penso, menos sei. por que ten que ser todo tan complicado?

volta a casa


cando remate o mes, volta a casa para traballar no decano, pero na delegación da ponte vella. que axiña pasan nove meses...!!!

20.6.06

i el seu esguard damunt el meu esguard
sóc presoner
que lla vull presonera:
aquest matí que una flor m'ha posat
li deia així
baix baixet
a l'orella:

sota els teus ulls, és un bes el que em plau.


(e a súa mirada sobre a miña mirada / son prisioneiro / que a quere prisioneira: / esta mañá que unha flor me puxo / lle diga así / baixo baixiño / á orella: / baixo os teus ollos, é un beixo o que me gusta.)
{Nota: non esquenzas felicitala}

Il·lustració Òscar Antín

19.6.06

Yo amo mis ojos y tus ojos y los ojos

Sabes que tu mirada adorna los veleros
De las noches mecidas en la pesca
Sabes que tu mirada forma el nudo de las estrellas
Y el nudo del canto que saldrá del pecho
Tu mirada que lleva la palabra al corazón
Y a la boca embrujada del ruiseñor
No hay tiempo que perder
A la hora del cuerpo en el naufragio ambiguo
Yo mido paso a paso el infinito

V. Huidobro. Altazor

necesito mirar o mar de novo. cheirar a sal toda. facer coma se non pasara tanto tempo. facer que nada sexa complicado, coma antes. non preocuparme por exames fáciles ni por traballos estúpidos. non quero pensar que vai pasar mañá. nin pasado. tirarme na herba e contaxiarme da voz. deixar que todo pase alleo a min

14.6.06

Xa non quero estudiar máis!!!!!!
E hoxe, ademais, proba para as prácticas no Grupo Voz... pero se eu só quero sacar fotos!!!

10.6.06

Hoxe cometín o enorme erro de poñer nun exame de cinema que Bazin filmara películas. Xa me asegurei un aprobado raspado, a pesar de que é unha asignatura da que aprendín, disfrutei, e para a que traballei. A vida é realmente inxusta. Estou a preparar unha materia para a que por moito que estudie, nunca sacarei nada en limpo. Algún día poderei rirme de todo isto?

7.6.06


que relación cren vostedes que teñen o volcán e a lúa en tanto que símbolos da busca da liberdade?

3.6.06

endogamismo puro e duro

mesmo se non me entende ninguén:

alguén quere máis?


1.6.06


cansa xa de traballar a última hora e do que me queda por facer ata mañá e dos roces nos traballos en grupo e que por culpa de iso haxa quen se moleste e porque o programa saiu ben pero podería ter saído mal e porque odio aos profesores que che piden que valores as súas clases pero firmando co teu nome e antes de facer o exame e porque se puidera diríalle: tío, non tes nin idea de dar clase, e contigo non aprendín NADA. creo que algún día debería deixar de ser cobarde e dicirllo a algún que o gañou a pulso.

e máis nada. ah, si. amo a monti e a iolanda. gracias por vir hoxe ao noso programa!!!

27.5.06

tarde porque a blogger non lle deu a gana...


Onte cumpriron anos tres persoas que, quizais por azar, foron pasando aos poucos polo meu camiño.
Señores, agardo que queden por moito tempo. Parabéns!!!

23.5.06

O'Xirarei é agora o xefe supremo dos Paf. Terei que arrimarme para trepar ou é suficiente co que facía ata agora???
(Noraboa por ser o único capaz de contentar a bos e malo -así sendo un pouco maniqueísta. Eres o piii chefe)

18.5.06


Hoxe chegáronme as últimas fotos. Esa de aí son eu. Cámara en man, co mítico bolso budapestiano e a chapa de Frida que perdín na manifestación das Letras.
E mercar un libro catalán-galego, e asistir a un programa de tele, e que me leven en coche porque chove, e ver un partido de fútbol e tomar o sol despois de comer.
Si, esa daí son eu. Encantada de coñecelos.

15.5.06

Sinto non ter falado do día grande da miña terra, ou de que Xurxo non pode vir, ou da entrega de premios á que fun invitada e á que asistirei esta tarde, ou de que xa coñecín ao meu médico favorito ou que teño pensadas dúas entrevistas que realizarei en breves.
Sinto non ter falado de todas estas cousas e dalgunhas máis, que poida lles interesasen ou non. Pero que andaba preocupada con outros asuntos, e non podía pensar noutra cousa.

11.5.06

ano vai...

Onte fun ao alergólogo para que solucionase todos os problemas que o meu ollo ten coa señora primavera. Dado que non era House -como el mesmo explicou- apenas si me puido recomendar un colirio e un aparelliño digno de mención aquí: trátase do que eu dei en chamar -por non lembrar o nome real- "tren de lavado de ollos", e ven facendo o mesmo que os lavacoches pero cos ollos -cando o merque, xa poñerei unha foto-.
E si que é un agasallo lindo pra hox, que se cumpre un ano dende que naceu aquel sucedáneo de blog en msn, "dor na retina". Dende aquela, e iso que só foi un ano, pasaron moitas cousas. Acollinme neste humilde fogar, integreime daquela maneira no sistema blogueiro galego e aínda vou a dar a vara un cacho máis. Xa sabedes, hoxe estades todos convidados a tomar tarta na casa

10.5.06


nun perfecto castellano-de-castilla acabo de ser esta muller (ya está bien que los de la derecha hagan lo que les da siempre la gana, coño), e venres serei carolina alguacil, mariteredelavega e presentadora super-moderna con estética miraxes. quen ten tempo a aburrirse?

8.5.06

É esa forma de mirar a que me fascinou. Ese brillo nos ollos. Ese xeito de falar, tan doce, tan suave, tan engaiolador.
Chaplin conseguiu aquí facer do monstro un home, pasando da idea preconcibida do terrible dun asasino, ao sentimento de compaixón. Se un home mata a unha soa persoa é un asasino. Se mata a miles, é un heroe -di. E nunca tanta razón tivo. Acaso non era lícito matar? Acaso hai alguén que mereza vivir, que mereza ser amado sinceramente? Acaso el non lles ofrecía todo o que elas precisaban e mais nada?
Resultaría curioso establecer unha comparativa na historia das mulleres nas obras dos creadores -neses casos nos que as mulleres teñen un papel activo, algo máis que obxecto de desexo ou de amor-. Penso, por exemplo, nos libros infantís de Roald Dahl; este autor tiña unha perspectiva bipolar das mulleres: aquelas que merecían a pena, e as que non. Sen termo medio. Non había mulleres indiferentes. E isto pasa tamén en Chaplin, na historia de Monsieur Verdoux. Están as mulleres que merecen a pena, e están as que non. Sen termo medio. As que merecen a pena son defendidas -e amadas. As que non, soio serven como recurso económico, e como futuras víctimas.
Verdoux é un cabaleiro, e fai crer ás súas mulleres que son felices ata o final. El, por que non? Apenas por momentos sae Charlot de dentro do seu traxe, para facernos rir, nesa sorte de humor con toque de fondo. Ese humor que deixa un sabor amargo nos beizos. Tristura, quizais.. Desventura. Saber que despois de cada viaxe voltará a casa, onde o agardan unha muller cega, á que ama, e un fillo. Docemente mato por amor. E por supervivencia. E por xogar a ser deus, parece que di. E tamén porque a vida foi inxusta pra el, e porque, como indica no seu alegato, na súa defensa final, como pode ser considerado montro aos ollos dunha xustiza e dunha soxiedade que aplaude aos líderes que condean a miles de inocentes nas guerras? Como o poden acusar a el de asasino aqueles que matan por poder, por riqueza?
Aos nosos ollos, Chaplin consigue converter ao monstro en home. Aos nosos ollos censores, as barbaridades que el comete chegan a ser xustificables por comparanza, porque en parte quizais todos sexamos un pouco culpables tamén.

(agardo que lle guste ao profesor. eu xa non dou pra máis. grandísimo filme!)

3.5.06

Día da Liberdade de Expresión

Tócame facer unha análise dun programa calquera de televisión. Por acordarme a última hora, e por incompatibilidade de horarios, acabo facéndoo de "Vamos a cocinar con José Andrés", do máis inocuo e máis salvable (nunca me imaxinei dicindo esto) se o comparamos co contexto das programacións de canles xeralistas. Será que temos a televisión que merecemos, que en realidade é un reflexo da nosa sociedá???

Pois vaia un tema bonito para celebrar o Día da Liberdade de Expresión. Si, señores, iso que non existe (e a este ritmo non existirá nunca) ten un día. Paradoxos da vida

1.5.06

Davide no puro Lérez




Corroborado xa que naceu na mesma terra ca min, teño unha pregunta... por que será que nunca vin aquí a ninguén así? E mira que busquei... que inxusta é a vida!!!

{nota: dáme igual o que digan, a min encántame!!!}

29.4.06

Ollo ruborizado

Marabillosos días tras unha pequena época de baixón: excelente cumpreanos o do xoves (de tres grandes persoeiros da provincia de Lugo). Ao día seguinte, a única clase de Especializado que mereceu a pena en todo o curso, porque a deron dous grandes personaxes. Puiden corroborar in situ que amo perdidamente a Antón Lopo (abstéñanse comentarios sobre isto). E onte acompañei a Iria a mercar un vestido para unha voda e mañá vou a dar renda solta (axustada ao presuposto que manden os proxenitores) ao meu afán consumista.
Ademais, hoxe puiden ver ao meu alcalde favorito en bañador, todo erótico, con moito máis glamur que o de Palomares, ofcourse!!! E que máis pedir? Hoxe mamá berroume un pouquiño e as rosas da horta están esplendorosas. Hai cousas que nunca cambian. Que máis se pode pedir pra ser feliz???
(Tamén lin no ollo da vaca algo dun ránkin de blogs galegos. Segundo estes señores, eu ocupo o posto 25. Pero que raio de criterio usaron eses señores? Como pode haber un ollo e faltar tantos outros blogs? Coma o señor ollo da vaca, creo que me vou converter no primeiro ollo ruborizado!!!

27.4.06

r.i.p.

24.4.06

Mirando atrás

... esta semana semellou eterna: luns, visita ao hospital. mércores, enblogs'06 (e atopar caras xa coñecidas e descubrir que somos uns frikis), e despois quedarme sen vida polo lusocom (e facerme antibrasileira totalmente). e ademais, caer nun baixón tremendo despois dunha semana de excelente humor (non sei por que). será cousa da primavera, que me anda a fastidiar nos pulmóns e mais nos ollos. ou simplemente que ando a madurar e facerme maior, ou que estou cansa por dentro e aínda non o sei. quen sabe!!!
que teñan boa semana, señor@s. Eu marcho, que hox invitáronme a facer cea a medias. Xa rematarei o traballo mañá!!!

15.4.06

Agora estamos en 1985 e mamá cae dunha banqueta preñada da súa terceira filla. Ou estamos no 82 e chega a primeira televisión de cor a casa, e sábelo porque o repiten dende sempre. No ano 2001 coñeces a aquel home, que non sabes quen é ata que ves o cartel da entrada do teatro, porque aínda non é famoso. Ese mesmo ano ves por primeira vez o mar Mediterráneo, pero é un chisco antes, en 1997, a primeira vez que te bañas nun río, algo lonxe do Atlántico. Doce meses antes descubrías o libro que te iba consolidar como lectora para o resto da vida, pero non será ata 2003 que leas unha das obras máis fascinantes que leches na túa vida. O 2003 tamén será importante porque entón comezas a carreira e a vivir fóra da casa. Augurio que tamén o será o 2007, cando remates. Pero antes habería que falar do 1993, cando deixaches de crer nos Reis Magos. No 1989 papá deixa de traballar naquel colexio con peixes de cores nos corredores, a un máis feo pero máis perto da casa. Ti deixas de usar mandilón no colexio exactamente oito anos despois, un soleado quince de setembro. En quince de setembro -ou primeiro de outubro, no seu defecto- coñeceches a algunha persoa importante da túa vida. A moitas outras non lles lembras as datas exactas.
E en trece liñas resumes a meirande parte da túa andanza vital. Hoxe, abril de 2006. Non lembras cando escribiches a túa primeira noticia, nin o día que decidiches que ibas ser de maior, nin cando choraches por primeira vez porque te sentías mal contigo mesma. As cousas importantes vánsenos escapando das mans sen decatarnos. O resto van quedando nun estúpido código binario de ceros e uns, facendo da vida dunha persoa unha auténtica obscenidade, non diferente das obscenas vidas do resto do mundo. Ata que chega un día en que preguntas, e para que raios serve a memoria?

14.4.06

Segundo a RAG:


medo s.m. 1. Sentimento de inquietude que se experimenta ante a presencia, real ou imaxinaria, dun perigo
ansia s.f. 1. Desexo moi intenso [de algo]. SIN. afán, ambición, anhelo, arela, cobiza, degoxo, devezo
procurar v.t. 1. Face-lo posible para que [algo] ocorra, para atopar [algo ou a alguén], por conseguir [algo], etc.
un día máis na casa. non me gustan as vacacións. fáltame o ritmo do traballo. facer algo. isto é outro mundo. e non obstante a cabeza anda a cen. ultimamente todo o mundo me pregunta polo mesmo: canto che queda para rematar? e iso non fai máis que avivar a miña caótica saúde mental
perdoen señores, aínda teño vinte anos. rematar a carreira non é a fin do mundo. aínda me queda moito por diante. non presionen
(preciso un respiro. e unha sinal, cun letrerito que poña: siga por aquí)

13.4.06

Estou a atravesar unha crise creativa!!!
Non son quen de escribir unha soa liña do dereito!!!
(Por favor, Profe, perdóame, ti mereces que che entregue algo mellor, pero non dou, de verdade!!!)

12.4.06

Paseando por Lalín...



Hox fun a Lalín con Papá e mais Iria, que traballa alí. O certo é que tiña outra idea de como iba ser (polo menos máis grande). Cando atopamos este porco nunha das rúas do centro, Papá preguntou se era un monumento a Cuíña. A vostedes que lles parece?

7.4.06

DESEO DE SER PIELROJA

La llanura infinita y el cielo su reflejo.
Deseo de ser piel roja.
A las ciudades sin aire llega a veces sin ruido
el relincho de un onagro o el trotar de un bisonte.
Deseo de ser piel roja.
Sitting Bull ha muerto: no hay tambores
que anuncien su llegada a las Grandes Praderas.
Deseo de ser piel roja.
El caballo de hierro cruza ahora sin miedo
desiertos abrasados de silencio. Deseo
de ser piel roja.
Sitting Bull ha muerto y no hay tambores
para hacerlo volver desde el reino de las sombras.
Deseo de ser piel roja.
Cruzó un último jinete la infinita
llanura, dejó tras de sí vana
polvareda, que luego se deshizo en el viento.
Deseo de ser piel roja.
En la Reservación no anida
serpiente cascabel, sino abandono.
DESEO DE SER PIEL ROJA.
(Sitting Bull ha muerto, los tambores
lo gritan sin esperar respuesta. )
DESEO DE SER PIELROJA

Leopoldo María Panero




hoxe, eu tamén desexo ser un piel roja. e morrer perdida na Grande Pradeira

4.4.06

Tarde de conversa curativa...

con alguén a quen non miro dende hai tempo, pero que sigue aí, a pesar de todo. escoitando como me laio, as máis das veces coma unha nena caprichosa. consolándome. lendo cousas como esta, que despois me arrepinto de escribir, por tonta

e a verdade é que niso ocupo os días, en facer traballo atrasado, traballo
non atrasado, en rallarme e en darme conta do bloqueada que estou, que nin
sequera son capaz de escribir un par de líneas ao dereito.
así van as cousas. (...) non sei como darche as gracias por estar aí...


malos tempos van. o único que me ilusiona, agora, é o proxecto que en breves, e se todo vai ben, imos comezar. por fin algo de verdade noso...

3.4.06

Saldando débedas...


Hai algúns días Mr. Tichborne envioume esta imaxe. O que se pode ver é un piñeiral da praia do Vilar, en Corrubedo.
Éun ollo ben bonito, de certo. Gracias polo agasallo!

30.3.06

Roma


Onte pola mañá tomaba o sol en Circo Máximo, e pola tarde subía a un avión apreixando contra o peito un feixe de margaridas malvas. O resto dos turistas marchaban de Roma sorrintes, pero eu marchaba triste porque non quería marchar, porque non quería deixar tanto atrás.
Dicir que é unha cidade preciosa sobra. O grandioso foi poder ver algo máis, e perdernos ao carón dunha embaixada por un camiño sen saída ou pasear por rúas que case non coñecen aos turistas. Ver da súa man a Piazza Nabona, e a Fontana di Trevi, e a Capella Sistina, ou sentarme na Praza de San Pedro coma se fose a Quintana, coma se nós estivesemos alí dende sempre.
En ningúm momento paramos de rir e por iso nos decatamos que daba igual en que lugar do mundo estivesemos, hai cousas que nunca van cambiar.

25.3.06

Anotacións arredor de Luar...

1) Realmente Luar xa non é o que era, pero aínda así, séguelle a gustar aos vellos.
2) Nunca pensei que o puidera pasar tan ben nese programa (pero fagan coma se non lesen isto)
3) Realmente si existe alguén máis anano que Gayoso (e se non, fíxense no que leva nos pés a rapaza da foto)
4) Nieves, a tipa esta que presenta con Gayoso, é tonta e fala un "castellano de Castilla la-mar-de-bonito". Ademais de ser unha prepotente e crerse que está chonda e que é unha superestrella

Nota: un de Los del Río tentou ligar con Eternidade chiscándolle repetidamente o ollo. Que fuerte!!!

Pasatempo: busquen as oito diferencias entre os dous homes da foto de debaixo. A ver se as atopan...

Postdata: Saiban disculpar a miña ausencia durante uns días. Teño un asunto pendente en Roma...

23.3.06


Dentro de tres días, Roma. Dentro de seis meses, deserto. Mañá, televisión por partida dobre. Entrevista a Frioleiro disfrazado de pseudo-poeta-supercachondadelamuerte (ou iso din por aí quen gusta dela). Traballo acumulado de Cine porque non sei escribir críticas...
(Rallándome cunha das mellores
películas que vin na miña vida...)

22.3.06

O venres vou a...


LUAR!!!

(ABSTÉNGANSE COMENTARIOS JOCOSOS)

20.3.06


Coñezo tres persoas que naceron mesmo día en tres anos consecutivos.
Aos poucos, voulles descubrindo puntos en común...

18.3.06

Cousas que nunca che dixen:

  • Que cando estou moi nerviosa trémenme as mans tanto que o escondo manoseando o que estea máis preto
  • Que o que máis me gusta no mundo é xogar unha escoba con papá e perder, ou mirar como mamá rocía con laca un super-cardado-de-la-muerte
  • Que o meu expediente académico é máis producto da sorte que das horas de estudio. Aínda así, intento convencerme cada día de que son unha persoa sen sorte
  • Que non teño ningún estilo vestindo, e que merco as cousas que me gustan e xogo ás combinacións posibles
  • Que non me gusta o café porque cando a miña nai estaba preñada odiaba o café, e iso fíxome única en toda a familia
  • Que me choran os ollos tanto porque teño obstruídos os conductos eses que recollen as bágoas
  • Que non me gusta a cor branca porque adoito mancharme con demasiada frecuencia
  • Que sempre adorei os ollos azuis por un problema de edipismo
  • Que me gusta tanto o negro porque no fondo quixera ser escura e sombría, pero non o consigo
  • Que non teño ningún tipo de cultura musical e nunca entendo as cancións en inglés
  • Que cando fago algo malo, férvenme as orellas. É o xeito que ten a miña conciencia de dicir: existo!!!
  • Que ás veces gústame ser borde ou facerme a enfadada para sentirme necesitada
  • Que nunca podo entender como podo ter amigos, ou como podo caer ben á xente. Aínda así, como non me gustan os victimismos, nunca o demostro
  • Que me encanta falar, igual que non me gusta nada contar o que me pasa, ou o que penso, ou o que sinto. Así que, como algúns políticos, moitas veces falo moito sen dicir nada
  • Que non me gusta querer porque non me gusta verme atada a ninguén
  • Que son terriblemente imperfecta, aínda que diso xa te decatarías. Por iso non entendo por que me sigues lendo a pesar de todo...

¿Por que será tan difícil falar...?


Creo que blogger me está a coller manía... e non me deixa entrar na miña propia casa!!!

16.3.06



Ando un pouco descolgada. Estes días son como o principio de primeiro de carreira: non sei que facer nin que pensar:; con quen falar.
Descubrindo a falsidade da xente... Menos mal que sempre hai quen se preocupe por unha...
A xente da aula de informática estame a raiar!!!
(E ademais hoxe peineime diferente despois de moitos meses)

15.3.06

Sobran as palabras...


e ás veces faltan...

14.3.06

Ollos...


Quen me mandou a foto escribiume: "El otro día viendo fotos en Internet encontré una que me gustó. Une tu obsesión por los ojos y mi obsesión por los reflejos."
Gracias polo agasallo, Bicho!!!

13.3.06


Por hoxe xa foi suficiente. Marcha e déixame sorrir dunha vez

12.3.06

Despois de mamá, agora é o Crocodilo o que está coas anxinas a dar a vara. En fin, que se me descoido, dentro duns días estarei eu na cama con febre. Espero que non pase, sobre todo tendo en conta o que me agarda a final de mes...

10.3.06

Hoxe fun María Lado e mais Badiola diante das cámaras. Paseino moi ben, creo que me está empezando a gustar isto da tele...

9.3.06




Madeleine incítame a buscar información arredor de certas cousas que non sabía nin que existían. Busco libros, e o certo é que nos fondos da universidade se poden atopar cousas do máis interesante. Vou ir por un par deles. Xa lles contarei.

8.3.06

Crónica dun suspenso anunciado
-ou a historia dun ollo sen sorte -



6.3.06

X.E.





Agora en serio. Alguén sabe pra que serve isto???


(Deberían darlle un premio ao profesor por poder artellar oito temas arredor da NADA. Ten mérito!)

5.3.06


Agora toca coidarse...

3.3.06


Ás veces as cousas non son como queremos que sexan, e iso ponnos tristes.
Tempo ao tempo. Gracias pola paciencia...

1.3.06

Aló quedan os días na casa...


e tamén voltou a viaxeira, e planifiquei un pouco a excursión (e as altas espectativas que teño postas nela), e non estudiei nada e disfraceime dúas veces, camiño da terceira

...