6.10.05

cuestión de ollos!


Chegar tarde a clase, sentar en primeira fila, que o profesor escriba o teu nome na pizarra, escoitar a frase do día: ti non pintas os ollos porque os tes moi grandes!!!
Despois tentar rematar un traballo que vai con moita demora. Explicarlle a un amigo que aos nenos non os traen as cegoñas, en realidade veñen por correo envoltos en papel de regalo. Rir diante dun filme de Pasolini porque Edipo semella ser estúpido.
Antes, enfadar a alguén por non respostar unha mensaxe, e ler un anónimo triste sen saber quen é.
Tamén, facer a matrícula, chamar a casa, doerte das costas, durmir a cachos, escoller a roupa, voltar ao pueblo, decidir como vos organizades para as clases prácticas, felicitar á amiga máis antiga.
Domingo, coller os bártulos e volta á capital-aldea.
Os ovos véndense por ducias.
Regalar un libro un algo macabro que non sabes se gustará. Con dedicatoria estraña.
Tamén estar leda pola carta dunha gaivota migratoria e pola volta de dúas ruliñas do sur.
Triste, quizais, por non ter novas aínda do noso lucense galo.
Non crer aínda que comezase o curso de novo. Ter grandes esperanzas de que este vai ser un moi bo ano.
Laiarte, ás veces, por caprichosa. Outras veces por parva. Buscar un oculista que che cure o cansancio retiniano. Falar en soños. Comer helado de chocolate en boa compaña. Mercar uns pendentes... ou non! Comezar a traballar para a Fanequiña.
Ter ganas de que sexa, todo o curso, como esta primeira semana
...

4 comentários:

Anónimo disse...

Hai! minha fanequinha!!! ;)

Gracinhas polo enlace o meu blog...coidate os ollos, protexeos das bestas soltas e deixame algo de xelado ou polo menos de queixo con membrilho :D

Boas Ondas,

milucho.

Anónimo disse...

Eu ollo... sen falar, pero ollo!

Anónimo disse...

Igual gana esta frase o concurso de frase do día "Ti poderías conducir ben, ti tes estilo" jajajajajajajajajajajjaa ah e quedo (cheiroume a motxo do Orense xDDDDDD)Lara, ten dous as.....o Gutenberg non o había de ter difícil.....wapa!

oko disse...

moitas gracias miluchiño, polo teu mensaxe. xa sabes que sempre hai queixo e membrillo pra ti!!! o do xelado... bueno, haberá que ver.... (xD)

kina, por favor, non soio olles, fala tamén de cando en cando, que xa se estraña a túa voz!!! este xoves acordámonos moito de vos (anque tamén o domingo, e o luns, e o martes, e...)

casi-exiliada-a-cangas, xela soio ten un a, pero eres moi creativa!!!
o do carné, desta vai!!! vivan os vellos do orense!!!