4.10.05

E estou triste por esa fuxida, por ese pensar que agora é diferente.
E estou triste tamén porque os días non duren mil horas e non sexa sempre a primeira semana.
E porque os demais non entendan ou non queiran entender. Por esto e quizais algo máis, estou triste hoxe.
E aínda non me parecen motivos suficientes
...

4 comentários:

Anónimo disse...

eu tamen estou triste porque non te lembras de min

oko disse...

querido usuario anónimo triste:
perdóeme vostede se esquecín chamalo, escribirlle ou calquera outra actividade social. Mais o certo é que se dalgún xeito me comunica a súa identidade, quizais poida remediar a miña falta.
E perdóeme, por favor

...

Anónimo disse...

Pois a decir verdade, case prefería que foses consciente de que existo e simplemente estiveses ocupada, pero eso de que nin intúas quen podo ser...dóeme.
E cada vez medra máis esta tristeza miña.

Anónimo disse...

esquecéuseme, espero que non sexa moi tarde cando te lembres de min

...