Chocolate con sabor a turrón. Visita ao tanatorio. Pai, que feo é ese sitio, eu quero que me deixes na casa. Que me enterres na horta, debaixo do limoeiro.
A estrada chea de coches cheos de presa. Non teño presa. Non teño ganas de volver ao frío.
Lisboa en inverno. As luces da outra beira do mar. O mar.
Dúas chamadas: era para falar do traballo. O partido. Coller o tren como cada domingo. O frío do interior.
Chocolate. Oculista. Mañá vou ao oculista. Lentes?
Acabar de ler o libro do rural. Herba. Casa baldeira. Leña para a cheminea. Non deixar morrer o lume.
Roupa nova. Vermello no fondo do armario. Medo no fondo do armario. Astillas nos dedos. Iogur de fresa con sabor a nada. Libros na lista de espera. Sono.
Mañá, día estraño. Azul, branco, azul, branco. Gris. Gris. Gris
...
2 comentários:
Agasaiote cunha pinga de amarelo, gústache o agasaio...?
Un beijo de cor.
:)
Satine, eu tamén creo que o gris é unha cor sen rematar, coma todos nós. Por iso nos gusta tanto.
Moitas grazas polo agasallo, Marinha. A verdá que falta que me facía. Outro beixo de cor pra voçé.
Enviar um comentário