De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
donde habita el olvido...? onde o ollar comeza a doer?
agardo a que nunca chegue onde habita o olvido.
e si, nesa fronteira na que comeza a doer a retina
"Disuelto en niebla, ausencia,
Ausencia leve como carne de niño."
...Encantame esta parte.
Cando comeza a doer a retina???,cando se ve ou cando se pensa o que se ve.
a saber...xa rematei con todo héroes, un máis XD.
Enviar um comentário