21.5.08

espirse

admitirei que estou namorada. (velaquí os meus amores, recompilados esta tarde, mentres o profesor falaba da farsa da cooperación española. faltan moitos. sobra algún)


quéroos cada vez que os teño diante codificados no alfabeto, en papel ou en binario. ando a argallar como levarmos comigo este vrao, lonxe de toda tecnoloxía

a roupa, toda ciscada polo chan

(saiban disculparme. ando saudosa e unha migalla tristeira)

5 comentários:

paideleo disse...

Pois si que tés bós amigos.
En canto á cooperación española sempre din: un avión con sete toneladas de medicamentos como se fose muito e é unha miseria.

xorna disse...

Non sei se liches con detalle a ficha na BVG dunha das poetas que citas ("aos poucos meses traslado ao lugar de Guxilde, parroquia de Alba"), así que un dos teus amores é a miña veciña! A ela non a coñezo, pero si ven moito pola tenda a súa nai e teño trato coa irmá pequena, que é amiga da miñá irmá.

Zerovacas disse...

Menuda orxía montarías :D

Suso Lista disse...

O da tristura, se cadra é por mor do tempo de choiva, orballo e neboeiro.

oko disse...

ai, se fosen meus amigos... ai, se montase unha orxía con eles...

outro galo me/lles cantaría ;)

xorna, alba terra de artistazas!

suso, debe de ser a chuva, que non nos abandona esta primavera...