26.5.08

aire

Di G. que cando estás nas nubes precisas de algo que te amarre á terra. Estou feita de helio e o fío que me ata a un posto de feira das festas é unha tristeira que non sei ben de onde vén, e que fai que non queira marchar, e que á vez teña ganas de quedar, e ao tempo só queira fuxir.
E emociónome cantando un "cumpleaños feliz" a coro a a través do teléfono, e contándolle a todo o mundo a felicidá de cruzar de novo a pucharca. O desorientada que estou por enfrontarme a algo ao que non estou acostumada e nunca fixen.
A tensión de 24 horas ao dia ao cen por cen, dun traballo académico que teño que facer en tan pouco tempo, e do alivio de falar soa en voz alta e escoitar música dalá que me fai evadirme do aquí e do agora.
Por primeira vez agarro con forza as rendas do cabalo e, malia a velocidade, só pido que non se desboque no camiño

4 comentários:

osondaxordeira disse...

ás veces é preciso aire. e se non o hai....fabrícase.

un saúdo dende godot

Caufield disse...

animo nena, ti podes ;)
encantoume celebrar o aniversario, aínda que fose telefonicamente, vía mail,contigo, con todos vós :)
kerovos infinito

Laurindinha disse...

Galopar sobre un cabalo ou estar nas nubes non soa tan mal...!

oko disse...

:D