precisaba un texto que escribira nalgún dos cursos da carreira. así que, armada de paciencia, collín a memoria externa pra remexer entre os seus caóticos cartafoles. sentíame como cando, de nena, subía ao faiado a buscar roupa vella de mamá, ou do antroido
e fun atopando álbumes de fotos que non lembraba ter sacado. primeiro a ledicia, de voltar a velas, despois a tristura, porque as imaxes desprendían luz, moitísima luz. dende que merquei a cámara, no segundo ano en compostela, fun retratando aos poucos todos os meus días de universidade: as festas, as clases, as conferencias nas que non faciamos nin caso, os recitais e actos culturetas. sobre todo os amigos. apenas saio eu nesas fotos, nin me importa. porque están aqueles que debo de lembrar. uns pouco, quizais porque pouco foi o tempo que estiveron na miña cabeza. outros moitísimo, en cada recuncho, en cada ocasión
e dos que máis, a pequena. teño ducias de fotos repetidas, cun mínimo cambio na posición do pelo ou na xente que pasa polo fondo. tantas tardes na pedra. tantas noites
hoxe artello a miña memoria en fotografías, calculo o meu amor polo número de repeticións, e pregúntome por que tiven que marchar, se ese era o lugar no que encaixaba a miña peza do puzzle...

1 comentário:
OOO Qué bonitas palabras, comprendo o que dis e tamén espero que sigas compilando segundos de existencia con esa cámara, momentos bonitos dignos de lembrar.
Bicos!
Enviar um comentário