podería namorar del ao falar de poesía, de teatro, de política. das ganas de vivir e do seu país inmenso e heteroxéneo. cando me falou do seu amor por lara
mais en realidade tiven que namorar de toda a aldea. dos seus camiños poirentos, sen rastro de asfalto. dos nenos espidos pola rúa, das casas de barro e madeira. tiven que namorar do seu xeito de facer da cultura, da arte, a maneira de vivir. de canto aprendín de estrelas e antigas civilizacións. namorei do meu nome e do pobo wayuú, ao ser bautizada e recibir as beizóns dun vello sabio
vivín unha aldea recibindo centos de persoas, pra durmir ao aire libre nunha casa sen cancelas nin portas. faláronme coma se non fose europea, senón unha máis. reatopeime cos xa amigos de chavedosol e compartín tardes nas que o sol queima a pele ata de noite e dan ganas de volver alí, cada ano, cun feixe de apertas como equipaxe

3 comentários:
non sabía que estivera tan lonxe!!!! tíñate perdida. Gustaríame saber onde exactamente estiveches cos rapaces... bicos
Pois todo iso escríbeo, quítalle a palla, e a intentalo á volta, eh?
xa lle contarei, mamiago, que é longo de explicar
zero, tentareino, prometo que o tentarei
bicos aos dous
Enviar um comentário