camiño pola rúa entre unha néboa mesta e baixa, que non deixa mirar ben os carros que veñen de frente. pitan os camións ao meu paso, coma sempre. saúdo un par de persoas. hoxe vai algo de frío, frío de levar manga longa. as casiñas de planta baixa, que fan disto unha vila, están xa todas adornadas. esta semana comezan as festas
ao chegar á oficina sento no ordenador e leo triste as novas dos xornais. as cousas non cambian. despois sorrío ao mirar as fotos que me envían do pequeno x
comezo a conta atrás. quedan exactamente dezasete días. dígolles se non podería levarme a e. na maleta. dáme as apertas máis fortes que me deron na miña vida e enfádase cando os demais non me fan caso. levaríaos a todos, en realidade, nunha bolsa máxica como a de meripopins
grabo fotos en cedés. tamén saldar contas pendentes. a despedirme dos nenos que vou topando pola rúa, que xa comezaron na escola
o único que me une á realidade é un avión que me leva ate caracas. e, despois, a triste volta

2 comentários:
Deixar cousas atrás é triste. Pero mira, xa deixaches atrás outras, e sempre vas atopando outras boas no camiño
tes moita razón. mais xa me coñeces, e sabes canto me gusta queixarme, e canto odio as despedidas...
Enviar um comentário