19.8.06
16.8.06
e despedinme da competencia, especialmente de A., que marcha un ano a Barcelona, e do Concello, e de todo un pouco. estar aquí é tan distinto a cubrir a información de aquí... creo que o vou botar moito de menos este inverno....
15.8.06
13.8.06
resumindo...
nin dicir que o Cabaret D'aquí estivo incrible, aínda que o público non soubo aprecialo. e despois trasladeime de sitio e fun a un concerto onde todas as pijas de pontevedra gritaban orgásmicas cada vez que os suxeitos do escenario lles dicían: sois unos superyonkis!!! foi un espectáculo penoso, podo aseguralo. pero estou contenta porque estiven con A. e coa xente que, agás dúas persoas, debera ser a de sempre pero resulta que é a de antes, pero xa ven de lonxe e xa case nin me dá pena.e que odio a xente que non ten ningún respeito polo traballo dos demais e polos sitios públicos (vai pola foto)
11.8.06
Provocador, directo, sincero. Cunha conversa sólida e atractiva. Sentido do humor. A entrevista foi breve, pero a conversa de despois foi longa. Perdoou os meus erros de principiante e ata me convidou a ir tomar algo con el algún día. Fixen caso dun consello e pedinlle matrimonio. Dixo que si e riu. E quedou comigo outra vez pola tarde e buscamos un sitio para sacar a foto, e despois falamos de política, de lumes e de escenarios. Do morto que está o galego, en xeral. De Marín e de D. De todo un pouco. E foi tan agradable falar con el que ata me sorprendeu, porque agardaba outra cousa, non sei o que. E tiven un bo día gracias a el, sen máisnota 1: e para todos aqueles que me lean sorprendéndose de que aínda non o dixera, aí vai: é guapííííísimo e ten uns ollos ...
nota 2: dixo que a foto que máis lle gustaba era unha coas gafas de sol. Pero esta estaba mellor encadrada...
10.8.06
que fácil era todo cando nena. cando parecía que as cousas nunca habían cambiar. cando non había problemas que fixeran berrar e dicirse cousas terribles.
agora só quero marchar -aínda sabendo que é de covardes-, marchar tan lonxe que se borren as pegadas do camiño, e ninguén poida atoparme máis. ser unha voz ao teléfono, si, ola, estou ben, eu tamén vos boto de menos... ás veces. fuxir deste sitio onde, despois de tanto tempo, aínda non atopei o meu sitio, encaixar no meu oco de peza de puzzle.
quixera estes días volver ser nena. e non ser como son, ser outra persoa. ser outras persoas. e desfacerme desta coiraza e desta maldita memoria que me fai lembrar as cousas máis inauditas. poder abrirme e deixar as entrañas enriba dunha mesa para que un adiviño calquera viñese a lermas. facer un diagnóstico.
e poder, por fin, deixar de pensar que maldito o día que comecei (comezamos) a facerme maior

6.8.06

entre as miñas tarefas familiares de hox estaba axudar a mamá a facer unha empanada que mañá vou a degustar salvaxemente nunha xornada de praia. coa masa sobrante fixen unha oda ao meu embigo. é un rollo moi infantil, pero polo menos ando distraída, esquencendo que teño outras preocupacións meirandes. canto custa facerse maior!!!
4.8.06
o oso das tuberías
"Soy el oso de los caños de la casa, subo por los caños en las horas de silencio, los tubos de agua caliente, de la calefacción, del aire fresco, voy por los tubos de departamento en departamento y soy el oso que va por los caños(...) Yo busco la canilla que siempre queda abierta en algún piso; por allí saco la nariz y miro la oscuridad de las habitaciones donde viven esos seres que no pueden andar por los caños, y les tengo lástima al verlos tan torpes y grandes, al oír cómo roncan y sueñan en voz alta, y están tan solos. Cuando de mañana se lavan la cara, les acaricio las mejillas, les lamo la nariz y me voy, vagamente seguro de haber hecho bien."
ademais, hox dixéronme que estaba guapa varias veces e case cheguei a crelo. e tamén, estiven un rato a falar coa competencia -que sorte coñecelos- e descubrín que vou atopar a medio concello nas vacacións. canto me gusta marín, meu deus!!!
31.7.06

Os blogueiros son dunha raza máis ben rara. para comezar, son majos -cousa difícil ou imposible de aplicar aos membros de calquera outra raza así en termos xerais. Ademais son sociablese son quen de interrelacionarse os grupos de adolescentes e maduritos entre si. Ademais son uns frikis, pero iso é case sobra dicilo...
Non sei que dicir da xantanza de onte... a mágoa que me dou ter que marchar tan cedo? as ganas que teño de que se repita? que o alcol é moi malo para a saúde? que cada xantanza vas descubrindo novos blogueiros e cada cal millor? que estou a facer un post peloteo - aparte de ñoño e chungo-totalmente? que aínda faltaba moita xente?
é que non sei moi ben o que dicir... o único malo que tivo o día foi esas malditas astillas que me levei pra casa clavadas nas mans... do resto... agardarei á próxima con ansia...
29.7.06
O teu último toque foi ás 20.04. Un minuto antes, ás 20.03, un home chegaba correndo ao posto de socorrismo de Aguete porque na praia do lado o seu irmán estaba a piques de morrer.Case ás nove cheguei eu, e o corpo estaba deitado na area, tapado cunha sabán, e custodiado por dous policías da nacional.
Eu quería escribir hoxe sobre a botadura dun barco e a visita dunha ministra. Pero en dúas semanas xa escribín de dous mortos, mortos no mar.
Ao chegar á redacción N. preguntoume se aínda quería seguir nese oficio. Non souben que responderlle. Despois quedamos sós e contoume como foran as súas prácticas e os seus primeiros traballos. "Todo o que sei aprendino na radio", dixo. Porque lle tocou a época do tripartito galego e ía só e non lle quedou outra que aprender. -No fondo, aínda que non queira admitilo, eu tamén estou a aprender del. E estou a collerlle un cariño tremendo. Botareino de menos cando o luns diga que se vai, cando en setembro eu diga que me vou-.
Creo que xa o dixen, que hox quería falarlles de botaduras de barcos e ministras correntes. En realidade, o que acabei contando, o que quixera contar todos os días, é o moito que me gustan os ollos de N., e o cheiro que o seu Ducados vai deixando entre as mesas cando fuma na ventana. E tamén, a súa ollada, a medio camiño entre paternal e cansa, cando lle desexo un bo fin de semana ao saír da redacción, ás once e media da noite
27.7.06
E admito que volvín cortar o pelo, e agora mordo as uñas -non o facía dende os doce anos- e estou a comer conguitos coma unha loca, aínda sabendo que o chocolate non me fai ben. E sigo a aborrecer a inutilidade á que me induce este maldito traballo.
O que daría por voltar á Compostela do martes e esquencer que teño que facer unha páxina diaria, e que teño que escribir sen estilo ningún, contando cousas que non lle interesan a ninguén e das que ninguén aprende, nen sequera eu
23.7.06
mulleres
Ou muhé, que no noso idioma ben sendo máis entendible. aló fumos os catro xinetes do apocalipse, a probar as areas de Ohaio. E ben boas que estaban. Fallounos unha, pero fumos. E que pracer ver os seus torsos espidos na praia, e vivir unha picadura en directo, e pasear pola feira do libro -e mercar-, e discutir con un señor autobusero que era máis borde que... e coñecer aos señores G.P., e poñerse morena ao sol que veranea en Cangas.
(E estar espiadas toda a tarde por unha nena que, de seguro, estaba a soldo de axencia... ou non!!!)
En fin, que se repita o 24 night, pero desta vez, aumentando o persoal!!!
(E estar espiadas toda a tarde por unha nena que, de seguro, estaba a soldo de axencia... ou non!!!)
En fin, que se repita o 24 night, pero desta vez, aumentando o persoal!!!
21.7.06
Nunca estivera tan en Marín desque marchei. Gústame meterme no Concello para ver que pasa cada día, e falar con xente que aínda te sorrí pola rúa. Saber que rúas se van empedrar e cando se van limpar as praias. O señor aquel que cada día ves escribir nunha cartulina con boli verde enriba dunha furgoneta abandonada con cristais rotos, e con probabilidade te esquezas de ler o que escribe o día que non o atopes. O neno aquel que te mira rindo de detrás da porta dun comercio pechado. As roseiras vermellas que hai ao carón do Concello, e a rolda de prensa co home aquel, pai dun dos primeiros amores platónicos, unha espiña que aínda tes cravada.Gústame o aire de Marín polas mañás, e que me pregunten de quen veño sendo. Que me deixen notas de prensa nun buzón que digan "sacrificando o proxecto nacionalista pola moqueta, coches oficiais e garabatas. Se Paco Rodríguez tivera un mínimo de dignidade, xa tería presentado a súa dimisión"
E é que, polo de agora, aínda teño esperanza de que este siga a ser un pueblo tan enorme coma sempre... Que grandes somos cando queremos!!!
20.7.06
T.
solo espero que non leas isto e que o pases moi ben... e poder mirarte moito este vrao. dios, canto vou botar de menos a algúns nenos...
19.7.06
hox, a miña primeira nova de xornalista de verdá: a morte dun home nas plataformas, aló pola costa de nova orleáns.e é que pase o que pase, sempre me persigue o mar. nas cousas importantes, e máis nada
dar esta nova ponme triste, e non sei se queor escribila con ese ton aséptico e estrictamente informativo desa merda que lemos cada mañá.
todas as mortes no mar son tristes. o signo inefable do nacemento.
e mentres, poderei seguir créndome o ser máis frustrado do mundo ou egoístamente triste e explotada. un home vai cruzar o océano para chegar morto á súa casa. e máis nada

17.7.06
Onte estiven na sauna que é a pedra no vrán. Terrible. Un calor de morrer. Pero é que estaban elas. Unha vez máis, as cinco xuntas (un pouco apagadas pola calor, pero xuntas). Caufield, Xorna, Pau, Madeleine. Eu, coma nos vellos tempos, detrás da cámara. E elas, igual ca sempre, como se non a tivese nas mans.Si, non me olvido, tamén estiven un anaco (aínda que moi pouco) con el. Pero non chegou a nada.
E voltar pra casa con iso a todo volume para avergonzarme... e mirar os fuegos, e ocuparme de aquí nun mes de cubrir, para eles, Marín. E falar con ela sen saber que estaba alí... que alegría!!!
14.7.06
Balán

Era el. Era John Balan e estaba alí. Igual que cando era pequena e ía á Operación Kilo con mamá e había un señor que cantaba mentres petaba nunha porta. Para os nenos de todas as xeneracións era un boneco a tamaño real. E tamén unha razón para sentirse orgulloso.
Alí, na homenaxe estaban moitos amigos. Houbo palabras sinceras ainda que houbo tamén algunha hipocresía (diso sempre hai). Tiña razón Manuel Ruibal ao dicir que se todos os presentes foran alomenos unha vez a visitalo, faríanlle o tempo máis levadeiro.
O mellor, sen dúbida, o Xarangallo Mangallo. Non sei se quen non é de Marín os coñecía. Son do mellorciño dopueblodetodalavida.
E pouco máis que dicir. Que cantei por vez primeira o Marín del alma, despois de oirllo tantas e tantas veces á miña nai. Que me emocionei, como case todos os que estabamos alí. Que non quero chegar a vella.
E como colofón, encontronazo (que non encontro) con grandes e enormes blogueiros galegos. (Preferiría borrar ese momento da memoria de todos, se me disculpan)
Ah, e disculpen pola mala calidade da foto. É que estaba moi atrás, e... bueno, todo iso

Subscrever:
Mensagens (Atom)