Pasolini e mais L.A. queren acabar comigo. Menos mal que herba mala... Agardo a que a señorita Caufield se anime e así se me quite este mal sabor de boca. E máis nada! Ás 10.30 no estudio coa Rebolo, grabación, Dios nos colla confesados!
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
Einx....!!!!!
trasleiting, plis...
....Ai don anderstan nocin de nocin......
quen es, picariña, que me acabas de deixar algo... descolocada?
eres quen penso, unha pícara migratoria???????
Pois, a dicir verdade, non me considero migratoria; so migro de cando en vez..... Pero teño hábitat "estable"...
O que si que teño moi claro é que son unha boa pícara.
Enviar um comentário