19.10.05

Donde nadie nos ve


Donde nadie nos ve, para despois durmir cun ollo medio aberto por se aparece alguén do outro lado do espello. Discutir (entre burrada e burrada) cun compañeiro radiofónico por culpa dunha táboa informática, rematar con radio antes de que radio remate connosco, visitas inesperadas e agradables, traballiños arredor do César (están tolos estes romanos), arredor dalgunha reportaxe aínda por buscar, e todo o día metida neste edificio no que xa comezo a ter alucinacións, de tan branco...
En fin, todo será superado, agás o medo aos espellos... quizais esta noite teña que durmir
debaixo da cama... ou non!

2 comentários:

Anónimo disse...

O branco da facultade provócache alucinacións? Non será máis ben o compañeiro radiofónico chondo que non deixa de falar dun tal "o meu mozo" o causante dese estado de abstracción e de sentimentos alucinóxenos-orgásmicos? Non atopo resposta; non sei se ti a tes, porque eu ultimamente non atopo resposta a moitas das cuestións que me plantexo! Por que?? Unha vez máis teño que dicir: "non o sei"
P.D.: comezo cunha broma pero remato na máis cruel realidade.
UN ANÓNIMO DE SOBRA COÑECIDO.

oko disse...

querido anónimo de sobra coñecido, xa sabes, por experiencia allea, que as bromas teñen o perigo de rematar por se converter en realidades moi evidentes. non deixes que o contrincante che colla vantaxe. e ánimo co tema, que eu creo que vas por bo camiño!!!
eres un amor, compañeiro radiofónico chondo!