8.10.05


"Era unha noite rotunda de agosto. Eu estaba deitado. Cando asomou sobre o horizonte traía o rostro cheo de sangue. Logo comezou a ascender, cada vez máis áxil e lixeira. Canto máis ascendía mudaba en máis limpa e transparente. Chegou a se vestir de lago de auganeve no medio e medio daquela noite ateigada de estrelas e silencio. Entrou no enmeigamento lene, doce, espida... nun prodixio... e daquela, traspasou o meu umbral e de vagar, dona de si mesma e incerta, foise achegando ao meu leito, esvarou ao meu lado e anegoume do seu resplandor e dos seus sorrisos. Posuín a lúa."

2 comentários:

Anónimo disse...

ME MOLAS

oko disse...

tú más a mi!!!!!!!!
(sé quien eres)