paréceme moi mal o seu comentario, sr. cirus. pois non, nunca tiven desas monecas de corpo imposible que proclama aos catro ventos que as rubias son tontas. eu fun nena de monecas liberadas de tópicos estúpidos (as barriguitas, por exemplo!). o meu xeito de vestir é causa doutros traumas infantís!!! (xD)
p.d: sr. henrique, canta razón ten vostede!!! (moitas graZas pola visita e mailo comentario!)
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
3 comentários:
A barbi é filla do seu país, tal cal. Como di aquel, de tal pau tal estacazo, jaja.
nunca tiveches barbie? quen o diría
paréceme moi mal o seu comentario, sr. cirus. pois non, nunca tiven desas monecas de corpo imposible que proclama aos catro ventos que as rubias son tontas. eu fun nena de monecas liberadas de tópicos estúpidos (as barriguitas, por exemplo!).
o meu xeito de vestir é causa doutros traumas infantís!!! (xD)
p.d: sr. henrique, canta razón ten vostede!!! (moitas graZas pola visita e mailo comentario!)
Enviar um comentário