25.12.05

Agasallos de Nadal


Si, na miña casa somos máis dos Reis Magos, pero damos case todos os regalos polo día de Nadal, máis que nada porque nos mata a curiosidade. E o certo é que cada ano dicimos: bueno, xa somos todos grandes, cun detallito chega, e cada ano nos regalamos máis cousas.
Eu creo que levei moitísimo máis do que merezo. Este ano xa foi o acabose: dous bolsos (un deles na foto), unha cazadora, dúas camisetas, dúas chaquetas, os calcetíns rosas, tres libros, uns pantalóns e un pixama super-erótico-de-la-muerte (ten cuello barco!!!). Creo que non se me olvida nada. O toque friki deuno a miña nai, que mercou pensando en min o libro "El problema de Berlín. Ensayo de historia diplomática". Vamos, que me ten por unha culturetas. Ademais tivo o detalle de darme dous bolis negros, acordándose de que odio os azuis. O toque de humor, meu papá e miña irmá maior, co lapis de rá. A verdá e que son igualiña ao bicho ese!!!
En fin, o dito, que con tantas cousas, xa non sei por onde rematar. Que moitas graZas polos mensaxes e polos toques navideños. Ah! E que nos vemos no partido!!!

2 comentários:

Anónimo disse...

Emprestas-me o livro? Parece apaixonante :-)

Feliz solstício de inverno... e foi um prazer conhecer-vos a ti & colegas no jantar do blogmilho, apesar de que nom pudemos falar nada.

oko disse...

Ai, O'Xirarei, que ben o coñece a súa nai...!!!

Señor Melropreto, a postal era o mínimo co que podía agasallalo. Seguiremos investigando...

Señor Subcomediante H, tamén pra nós foi un pracer compartir xantar con vostede. Agardo que no próximo poidamos falar unha migalla!!!
Boas festas a todos!!!