Onte matei unha araña vermella no teito do cuarto da miña irmá. Aplasteina cun exemplar en galego de Crime e Castigo. Todo o peso da literatura rusa sobre o corpo. Quizabes sexa un xeito fermoso de morrer, non o sei.
E é que hox non sei tantas cousas... e sinto tantas cousas... E teño tanto tempo pra pensar e tan pouco pra facer nada...
Síntoo
síntoo
síntoo
nesta casa hai demasiado silencio
morte
...
5.12.05
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
hoxe estou a morrer e aínda non o sabe ninguén
Eu si o sabía. Seino dende que espertei pola mañá.
Soidade
Morte
Pois eu hoxe tamén creo k vin a morte moi de preto, pero...non era a miña, era a de moitas persoas.
Sabía a onde ía, estaba avisada...Avisada de k..?? como se pode advertir alguén do k eu vin..?? é imposible, eu creo que tampouco sabería como facelo...
Non sei cmo decribir o que vivín, cando estaba comezando a ser consciente de todo o que me rodeaba...Apareceu una señoriña que, cando a vin espertou en min un sentimento de tenrura ..mais cando lle mirei os seus olliños, tan pequenos coma vermellos, e as bágoas que lle escorregaban polos marcados surcos da pel da súa cara...notei k me comezaba a faltar aire; pero cando os nosos ollos se atoparon, sentín una presión tan grande no peito que pensei que me afundía. Ese dor, esas ganas de morrer, ese cansanzo, esa forma de falar cos ollos só a vivín unha vez na miña vida; e recordar ese momento...cunha persoa totalmente allea a min, fixo que me plantexara moitas cousas sobre a vida e sobre a miña "futura" profesión.
E logo, é cando aparece un marabilloso docente cheo de frialdade e che di: "no puedes dejar que te afecte, no puedes pensar lo que te pasó en el trabajo cuando estás fuera de él, no debes involucrarte"
...e eu pregúntome: ¿Cmo fago para esquecerme de unha imaxe k fai k non sexa a mesma persoa k antes?
¿Cmo fago para evitar k os meus ollos se enchan de bágoas cando me atopo cos ollos máis tristes k nunca mirei?
Vale que sexamos profesionais do campo, pero ademáis somos persoas que traballamos con persoas.
E non quero esquecer estes momentos. Non quero, non...non quero esquecerme do k sentín, non quero esquecerme do que me transmitiu...NON QUERO ESQUECERME...!!!
E non o quero facer porque estou segura que así é como nacen os bos educadores.
Non involucrarse cando se traballa con persoas é difícil, pero non podes afundirte porque dese xeito non vas poder servir de moita axuda. A dúbida é para todos semellante: ¿un neno a piques de morrer: que fago, a mellor foto do ano, ou intento salvalo?
Separar é imposible. Haberá que tentar sobrevivir con esa dualidade...
Só che podo dicir que ánimo e adiante. De seguro vas ser unha grandísima educadora, miña nena!
Enviar um comentário