As festas do Nadal sempre me resultaron particularmente tristes. Máis aló do afán consumista, amosado, e con creces, no post anterior, pois iso, que non me aportan nada estas datas. Ademais, sempre relacionei Nadal con moito traballo, sobre todo no tocante a miña nai.
En fin. Este ano tocan despedidas. A de Lúa, que xa non volta máis, e a de Iria, que quen sabe se algún día voltará. Marín é un sitio moi pequeno. O único que me alegra un pouco estes días é poder cantar a dúas voces con mamá Nunha barca de Marín....
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
proba a pasar unha noiteboa en soidade voluntaria. sínteste tan libre que é difícil describilo.
sempre se vai algo de nós con aqueles que se van... pero sempre hai algo deles que se queda con nós PARA SEMPRE :)
disfruta todo o que poidas destes días de festa!
Enviar um comentário