9.12.05


Non sei se lles falei algunha vez de Lúa. Lúa é o máis lindo que hai na miña casa, como vostedes mesmos poden observar. Hai uns meses, na primavera, diagnosticáronlle un cancro. É xa algo vella, certo, mais nunca antes estivera enferma. Hoxe fai tres días que non come apenas. Nin sequera iogures. Só bebe auga, e nada máis. Ás catro e media lévoa á veterinaria. A ver que di. Mentres, observamos como dá voltas pola horta, cos ollos tristes, e senta cansa en calquera recuncho. Parece que xa non queda nada por facer
...

2 comentários:

Anónimo disse...

Que bonita é Lúa!!Só che digo unha cousa: non deixes nunca que ela te vexa triste ao mirala, seguro que é o último que quere!!O mellor que podes facer é darlle os máis grandes meirós que a ninguén lle deches ata o de agora. Seguro que cho agradece. Para sempre.

Aultre Narai disse...

eu tiña un can precioso. o Moro, viña comigo a todas partes, sempre correndo detrás da miña bici. nunca me deixaba soa e entendíame mellor que os adultos. ao final leváronmo os da canceira (pq eu non era a súa dona, era un vagabundo, era libre, escolleume el a min) chorei como se me morrese un irmán.

hai cans que son mellores que moitas persoas.