7.9.07

Que si, señores, que esta casa vai de capa caída. Estame afectando non acceder á rede regularmente, ter tanto tempo libre e -case- non saber que facer con el, e empezar a planear na miña cabeza a migración a terras do norte, que é polo de agora o único que consigue manterme cerebralmente viva (iso, algún que outro programilla e un par de libros)
Mañá é o día M., e preguntarán se estou nerviosa por quedar de filla única na casa. Pois a verdade é que me manteño escéptica. O mellor do día será fumarme un puro -cubano- diante de toda a familia e estrear o meu vestido made in gz

3 comentários:

Caufield disse...

ajajajjaja, un puro e ron cubano tamén ¿no? (sen coca-cola :D)
veña, que igual o pasas ben e sabemos que vas ser a 1ª en casarte ;)
cásateeee cásateeeeee (musical en General Pardiñas, lembras?)
:D, bicos, quérote
seguro q te casas cun vestido precioso de Pronovias ajajaja ;)
bicoooooooooooooooooooooooooos

Anónimo disse...

Xa o dixo Don Manuel. Aprenda gallego y cásese!!! Só che queda unha... :P

oko disse...

xirarei,cal me queda??? aprender gallego???
todo o mundo sabe que vou a Euskadi a buscar un home rico, deses que teñen accións na industria, pra casar, jejejeje

(se queredes que sexa a primeira, moi pouca confianza tedes no futuro da sacra institución do matrimonio no noso círculo, non?)