13.5.08

dous.

ao primeiro foron as cartas, que ían sendo menos frecuentes. de semanas pasaron a quincenas. de quincenas a meses. eu non me atrevía a escribir, porque, sabes? cría que non tiña nada que contarche

(no fondo dábame medo que respostases dicindo que outra ocupara o meu lugar)

pensei que xa non querías que imaxinasemos nunca máis un futuro xuntos en técnica patchwork

despois acabei por soñar que non soñaba. xa ti non aparecías na miña cabeza, agochado detrás dalgunha lembranza dun pasado demasiado pasado

finxín que non me importaba e durmín


4 comentários:

Zerovacas disse...

Esta serie vai para novela, Haberá tres?

oko disse...

iso non o pensara... xa se verá sobre a marcha se hai ou non hai tres :D

Clara Flor disse...

Hai un poema de Antón Lopo moi fermoso, que me lembrou ao teu texto. Si, tes razón, unha canción. Tamén seria un bo lema politico: eu serei tua ilusión.....que falla fai ilusionar a xente. Fermoso blog o teu....Apertas ao lonxe

oko disse...

apertas pra ti tamén!