en chavedosol atopei o lugar no que ser feliz. atopei os alicerces da revolución e a ansia por cambiar o mundo. dexei que me calara a lección mil e cenmil veces: que todo ha de ser pel, que todo ha de ser pel. escoitei o ritmo da vida saudándome cada mañá, soñei amarrada a un cuatro, tan feliz. quixen quedar alí. o fermoso que debe ser envellecer na terra máis luminosa do mundo. escoitei, aprendín moito, amei as casas de cores e as camisas vermellas. sentín a revolución latexando nas rúas e no sorriso da xente. durmín cun mundo mellor dentro do peito.
1.9.08
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Intensidade
emoción palpitante
todo o corazón na man...
Entranhable post!!!
Beijinhos OKO.
:)
Sempre digo que -esa- é a única praxe posíbel da esquerda real hoxendía. Moito que aprender por aqui
esta noite lembreime de ti a raíz de algo surrealista. Non podía ser doutra maneira. Cando falemos cóntoche. Grazas polas túas entradas no blog. Acabo de cheghar á casa con papá e mamá "alegres de máis" das festas de Darbo. íanche gustar. Quérote, un bico
bicos pra ti tamén, marinha
zero, si que temos moito que aprender deles
feiranta, agardo con ansia a túa historia
por acá tamén se vos quere :D
Enviar um comentário