(na imaxe, un pouco de okocentrismo fotográfico)
25.9.08
crónica xviii. (festas en vilapán ii.)
(na imaxe, un pouco de okocentrismo fotográfico)
22.9.08
crónica xvii. (festas en vilapán)
o mellor lugar onde durmir é un leito de mandarinas. aprendín o pracer de ir roubarllas ao veciño os días nos que quedo na casa. tamén facer bailes parvos pra que os rapaces se partan da risa e os instructores pensen que estou un pouco tola
nas festas da vila, unirse aos outros estranxeiros, os únicos estranxeros que estamos aquí, e que ata eles se rían de nós ao oir pola megafonía en plena cabalgata, también están con nosotros las compañeras de españa, terra, tráganos ben fondo
explicar un millón de veces que non, que non somos españa, e discutir de historia, de desenvolvemento, da realidade cubana e venezolana, de latinoamérica
deixar que descoñecidos nos expliquen o namorados que están todos do noso pasaporte e acudir á elección da raíña das festas pra decatarnos da sorte que temos de non considerarnos a nós mesmas un cacho de carne con medidas
durmir con música pra poder durmir, chegar ao luns pola mañá con novas que poñen triste. recibir correos dende gz, dende eh, dende italia, dende as illas africanas, todos dicindo quero que volvas e eu que non sei se quero volver ou non, con estas ganas tremendas de apertar e que me aperten

19.9.08
crónica xvi.
t. estaba algo tristeiro, onte, ata que lle cantei unha canción co seu nome. despois roubamos mandarinas ao veciño e camiñamos ata a torreta de alta tensión. pola tarde fun visitar aos outros nenos e tamén bailei sen música e deixei que g. se amarrara forte a min porque ten os ollos máis fermosos e tristes que vin en moito tempo
para eles, os recén chegados, é difícil adaptarse á nova vida. pra min, despois de adaptarme, o difícil é deixala
17.9.08
crónica xv.
ao chegar á oficina sento no ordenador e leo triste as novas dos xornais. as cousas non cambian. despois sorrío ao mirar as fotos que me envían do pequeno x
comezo a conta atrás. quedan exactamente dezasete días. dígolles se non podería levarme a e. na maleta. dáme as apertas máis fortes que me deron na miña vida e enfádase cando os demais non me fan caso. levaríaos a todos, en realidade, nunha bolsa máxica como a de meripopins
grabo fotos en cedés. tamén saldar contas pendentes. a despedirme dos nenos que vou topando pola rúa, que xa comezaron na escola
o único que me une á realidade é un avión que me leva ate caracas. e, despois, a triste volta
16.9.08
crónica xiv.
fuximos ao paraíso por catro días. ao marchar comprendín ao vasco que fora alí por tres días e levaba trintaetrés anos. tamén eu quixera quedar ate morrer
só alí tivo sentido namorar duns ollos verdes e da cor da pel dourada, mestura de tantas peles. só alí oir, sempre, da revolución, e os tambores, e os pequenos barcos pesqueiros e coñecer xente que de tanto tempo fóra da casa xa eran habitantes de ningunha parte. deron ganas de agarrar un morral con catro cousas e fuxir mundo adiante sobre os pés. de cantar ate quedar sen voz e non preocuparse por que comer mañá, por onde durmir, polo mar no que nadar
saber que quero voltar sen pasaxe de regreso

10.9.08
crónica xiii.
liliana é negra como a noite
os seus irmáns abanean os pés colgando dalgunha estrela, lonxe da terra
a súa nai sorrí suave, cuns ollos pesarosos, cargados de tristuras. vén fuxida do pacífico, dun mar de conflictos, violacións, medo
liliana tírase á auga e di que sabe nadar, mais afoga
ri e coida dos seus irmáns
apégase pronto a un, tan axiña que costa un mundo despedirse dela
liliana é fermosa como a noite
estase a facer maior á forza, valente. lánzase á vida sen saber nadar
e nin así se lle apaga o sorriso

9.9.08
crónica xii.
podería namorar del ao falar de poesía, de teatro, de política. das ganas de vivir e do seu país inmenso e heteroxéneo. cando me falou do seu amor por lara
mais en realidade tiven que namorar de toda a aldea. dos seus camiños poirentos, sen rastro de asfalto. dos nenos espidos pola rúa, das casas de barro e madeira. tiven que namorar do seu xeito de facer da cultura, da arte, a maneira de vivir. de canto aprendín de estrelas e antigas civilizacións. namorei do meu nome e do pobo wayuú, ao ser bautizada e recibir as beizóns dun vello sabio
vivín unha aldea recibindo centos de persoas, pra durmir ao aire libre nunha casa sen cancelas nin portas. faláronme coma se non fose europea, senón unha máis. reatopeime cos xa amigos de chavedosol e compartín tardes nas que o sol queima a pele ata de noite e dan ganas de volver alí, cada ano, cun feixe de apertas como equipaxe

1.9.08
crónica xi.
sementes:
revolución
21.8.08
crónica x.
que hoxe foi o último día do plan vacacional e cansei de choutar, e de levar os nenos ao lombo, e de responder as súas preguntas que nunca rematan. e fiquei triste. e despois coñecín a un home que en setembro viaxará á coruña. entráronme saudades e non, porque esta fin de semana promete. trocarei miche de pexego nun mercado tradicional. alí vou toparme coa venezuela bolivariana coa que soñaba antes de coller o avión
18.8.08
crónica ix. (a festa)
bailaron, e sorriron tanto que lles saían os dentes da boca. e eu non cansei de tomarlles fotos. todo o amor que suaban por todos os poros, cantísimo, as nais, os pais, os irmáns, cos chamos. era a festa dos nenos especiais e por iso cada un dos que estabamos alí eramos en certa maneira especiais, e ninguén o era. bailei baixo o sol e xantei baixo a chuva. despois chegaron os músicos viaxeiros a poñer a cor, coas súas chambras laranxas, cantando en quéchua e falando de lugares que nin soñamos coñecer. pasou o día e durmín tranquila, cansa e feliz
11.8.08
crónica viii.
mais non quería escrbir sobre fauna hox. quería falar de nenos, outra vez. nunca me gustaron, mais ando a aprender o valor do riso dun neno (aínda que pareza un tópico), a súa creatividade, e o que fan traballar a miña imaxinación cada tarde, entre manchas de pintura na roupa e xogos nos que hai que imitar animais. a tal hora, dicir que non me gustan é un pouco mentira
8.8.08
crónica vii. (as nenas)
en vilapán, hai un pequeno verme da cor do café que cada día me fai conducir unha camioneta imaxinaria ou converterme en paxaro e levala vando escaleiras arriba polos corredores do centro cultural. ten só cinco anos e cando non lembra o meu nome chámame guapa. é tan fraquiña que ata lle caen os pantalóns, por iso é tan fácil levantala no aire. os dentes, tan pequechos báilanlle branquísimos na boca cando sorrí. ás veces dime que parezo un varonsito, polo pelo curto e entón fágolle cóxegas pra que non mire que estou a rir
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
5.8.08
crónica vi.
pasei días a pensar fillosdeputa. tamén voei bambeando no aire coma un paxaro, deixando que o aire me dese na cara. o luns, estraño e diferente aos luns de antes, como todas as cousas aquí, cambiei de película e mirábao todo dende platea, coma se non fose comigo. escoitei llaneras, botei remedios nos ombreiros queimados polo sol e durmín acompañada dun milleiro de soños, deses que non deixan descansar, ata que cantou o galo coas primeiras luces do día
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas
sementes:
okocentrismo,
vilapán
1.8.08
crónica v. (tristura)
a rede fai que non poida esquencer as cousas que agora pasan por alá. así recibo fotos de x., que ten uns ollos fermosísimos, entéronme da morte dun grande, e envexo, triste, o cartel do festival de poesía do condado
30.7.08
crónica iv.
ás veces esperto co ruído antes de que cante o galo. a fiestra non ten cristais e os berros e os pasos sobre a grava soan coma se estivesen dentro do cuarto. a calor apégase ao corpo e aos pés da cama durmen o espertador e mais un libro que xa rematei. ás veces tamén un caderno.
as cousas son estrañas en por si. tan estrañas como coñecer ao rapaz que foi a m en bicicleta. e pasan os días axiña, entre fotos de cochos e de montes tan altos que se perden no teito do ceo. planeo a fin de semana, a volta á cidade da neve, unha reportaxe, as mil e unha tarefas da oficina. ningún día se parece a outro e poucas son as cousas que persisten cando a treboada nos deixa fóra do mundo. debuxo ollos de cores escuras e evito pensar na volta

24.7.08
crónica iii. (festa)
hox é festa nacional. o nacemento do libertador bolívar. a praza de vilapán encheuse das camisas azuis da banda de música. dende lonxe óese un clarinete ensaiando. e centos de persoas que suben a la cuchilla del niño. na oficina soan rancheras. eu fuxo daquí pra ir sacar fotos a vilavaca
e penso na pedra

e penso na pedra
sementes:
illa pedra,
vilapán
21.7.08
crónica ii.
paseniño imos atopando quen nos fala sen importar de onde vimos, quen nos ofrece amorodos durante a viaxe e nos agasalla con flores, herberas, que só nacen nas zonas altas. aquí o mundo respírase diferente. nin mellor nin peor, senón diferente
[x xa está na casa, xa chora e come e pode que sorría. e eu a sete mil quilómetros]
esperto cos galos e saúdo un milleiro de veces cando saio do centro, mentres aprendo o nome dos rapaces. escoito música pola rúa e ás veces escápaseme cantar en alto, nun idioma que aquí a xente non sabe nin que existe
aprendo a escoitarme por dentro, a controlar as enerxías positivas e negativas e en ser útil
recollo moito máis do que semento. escoito e gardo
15.7.08
crónica i.
ás veces Vilapán amence radiante, outras cinsenta. os mosquitos saen pola mañá e á noitiña, mais pican todo o día. somos as únicas brancas e estamos en boca de todos
en Vilapán vai moita calor, pero un par de quilómetros máis alá hai que durmir con mantas. a xente é tranquila e vive ao seu ritmo
preciso centrarme. hai cousas que non me saen da cabeza e nas que antes non reparara (non tanto). doutras, antes importantes, nin me lembro. aínda un pouco desorientada. e sorrinte
en Vilapán as cousas son así, e non poderían ser doutro xeito. en só seis días

4.7.08
despedida
frenetismo e caos. aniversario sobre o atlántico e durmir de pé. san fermines en illa peixe. acumular libros e tarefas pendentes. durmir con pesadelos. meter na maleta algúns textiños de modernotes-poetas e catro trapos
e despedirme, tantas veces, que sempre estou a marchar e nunca marcho de todo
salvo aviso, queda pechado este chiringuito ata primeiros de outubro. desfruten do vrán o máis que poidan e acendan unha veliña a san-antonio pola tola que vai a coñecer os andes

despedida,
mundo mundial
2.7.08
xa me dá igual que o número de visitas do blog decaia irremediablemente, porque vou pechar o chiringuito durante tres meses. e fago reconto dos danos colaterais: perder ortigueira, pardiñas, o 25 de xullo, o festival de poesía do condado e tantas cousas que quedan no tinteiro
esquencer durante tres meses que o mundo existe e non volver soñar pola noite con entrevistar a chávez. lavar a man e sobrevivir ás picadas dos mosquitos
facerse maior é ter que escoller. e non arrepentirse despois
polo de agora, escollo despedirme da pedra o venres. mirámonos aló
[actualización media hora despois: e o disgusto de non poder mirar ataque escampe en directo. por que será que nunca podo estar nas datas nas que fan concertos???]
sementes:
despedida,
illa pedra
Subscrever:
Mensagens (Atom)