boto de menos falar en galego e aos pequenos. aínda non me deu tempo a decatarme de que estou aquí, e non en calquera outro lado
27.11.09
disfrazámosnos dos sesenta/setenta e así de curta supón a primeira incursión noturna. despois estivo ben que nos asustaran coa seguridade e que nos mirasemos rodeadas por un segundo de xente que era tan de fóra coma nós. aínda que case coa seguridade de que eu son a que está aquí pola maior das casualidades, botando a vista atrás. comeza a facer frío e os adornos de nadal están por todas partes
boto de menos falar en galego e aos pequenos. aínda non me deu tempo a decatarme de que estou aquí, e non en calquera outro lado
boto de menos falar en galego e aos pequenos. aínda non me deu tempo a decatarme de que estou aquí, e non en calquera outro lado
26.11.09
pretenden dar leccións de democracia, e isto é o que sucede dentro das súas fronteiras
22.11.09
aterrando
aprendo cousas. aprendo, por exemplo, que en méxico viven uns doce millóns de indíxenas. e existen máis de doce linguas vivas que non son o español. que nos últimos cen anos, a cidade afundiu máis de dez metros. de feito, na catedral pódese mirar o chan incriblemente inclinado. que o zócalo é unha praza bestial. que hai si, que hai mexicanos guapos. e bastantes modernos., en condesa e roma. que hai terremotos aquí. dos que dan medo. que existen buses e vagóns de metro só pra mulleres. que non hai brecha de xénero no acceso educativo -apenas- a barreira está toda concentrada especialmente no acceso ao traballo e noutros eidos. que vai a haber dous galegos na feira do libro de guadalajara, e probablemente perda o ver a chavela e a pamuk, un dos grandes descubrimentos dos últimos meses. que o traballo promete ser duro e a cidade un caos, un caos exquisito, que dixo h, ao que coñecemos procurando un lugar no que vivir
que pode que me perda a chavela e a pamuk
que os primeiros libros que me apareceron nun posto a rúa foron o rivas e perec
que rematei o dz e fascinoume
que adoro esta cidade e aínda acabamos de coñecernos
(e que sinto non poñer imaxes, mais aínda non tomei ningunha)

20.11.09
e cheguei a cidademonstro
saímos do aeroporto e entre nós e o coche que nos viñera a buscar había un río de uniformes verdes que non nos deixaba pasar. mesto, mesto como só o pode ser un uniforme verde de seguridade privada. despois amenceu e o paseo da reforma pareceu enorme e cálido, cheo de ceo, que foi certo o que dixo b, que se miraba ceo por todas partes. e despois palabras amables de benvida e ter unha mesa e un computador e sair cansísima por baixo das árbores do bosque de chapultepec e que non fixese falta a chaqueta e facer un mapa mental do barrio e decatarnos que xa está, que xa está. estamos aquí
(e quedaron atrás as interminables horas no avión, a paisaxe xélida do canadá, a cola inmensa de inmigración pra entrar no país. o grupo de heavy finlandés. deu igual ir a saltos entre o tráfico, a xungla, a contaminación, os comentarios ao noso paso. cinco libros e unha cámara de fotos que aínda non me atrevo a sacar á rúa. só preciso da cidade. e de tempo)

17.11.09
última hora
metinme na cama de meus pais cando xa o padre casares ía rematando. era o segundo luns consecutivo. e non o fixera antes dende había tanto tempo que non fun quen de lembralo. debía de ser moi pequena. a semana anterior fora alí, aqueixada dunha dor no peito que non me deixaba durmir nin pensar nin case respirar. onte, había algo na miña cabeza que me producía ese mesmo efecto. despois subín ao meu cuarto e abrín o libro que levaba tantísimo tempo a buscar. dz. e debe de ser certo que as cousas aparecen cando deixas de andar na súa procura. nin coruña, nin compostela, nin pontevedra. no andel máis baixo da única librería que hai aquí, apareceu, mentres escollía un volume para m, que ten saudades de ler en galego
como non podía ser doutro xeito, as vésperas da viaxe saldáranse cunha sorpresa desagradable. porque cada vez que vou marchar pasa algo. e desta pasou que perdín toda a miña memoria dixital. e o que sentín foi perder a miña propia memoria. a da cabeza. asumido que preocuparse e laiarse non vale de moito, tento deixar a tristura ao tempo que deixo quilómetros atrás. a tristura son os pequenos, que non poden entender que marcho por moito tempo. os seus ollos grandes coma mundos. a tristura é sacar unha por unha as fotos que colgan das paredes. os beixos aínda quentiños na cara. pecho unha fietra, abro outra. outro aire. outra paisaxe. unha memoria nova, baleira. que encher e traervos, de aquí nun ano

14.11.09
venres 13

de todas as saias e camisas de cores, e dos panos e as flores que nos adornaban o pelo, ninguén podía pensar no momento triste. botei a vista atrás e pensei se valía a pena. o ser humano é cobarde por natureza. máis tamén é curioso por natureza. pensei, si, no último ano, con todas as súas grandezas e as súas miserias. todas as veces que inchara os pulmóns pra rir. dos enfados monumentais, deses de segundo e medio de duración
pregunteime por que nos empeñamos tanto en falar das grandes viaxes, das experiencias da xente de mundo, cando o maior logro que acadaremos na nosa vida -ese que nos deberan escribir na esquela- é precisamente o sobrevivirlle ao día a día, seguir tendo a capacidade de facer que o coñecido siga sendo distinto co paso do tempo
e pensei, como penso cada vez que ando entre maletas e pasaxes, nos amigos. nos que seguen aí a pesar de todo
pensarnos coma un puzle, díxenme. un puzle de artesán, como explica perec, no que ningunha peza se asemella a outra, no que o debuxo imaxinario está por construir. no que o que nos une é que encaixamos, e que por vontade propia nos mantemos así, unidos, como por unha cordiña invisible, que diría a poeta
un puzle no que cada peza é insustituible
ter medo é natural. de feito, nin sequera son tan valiente como me quero facer crer a min mesma. mais o medo, por primeira vez en todo este tempo, non está na ida, senón na volta. en todas as posibles voltas, en a onde me levará todo isto. e pra iso, queda aínda tanto que camiñar
(imaxe roubada de aquí)

12.11.09
1.11.09
o libro negro
e entón remato o libro negro. e no final do libro negro, galip escribe "porque nada pode ser tan sorprendente como a vida. agás a escritura. si, por suposto, agás a escritura, o único consolo". e penso que ten razón
e porque o certo é que pouco importaba o final da novela. o realmente importante era a novela en si. cada páxina. cada asombrosa páxina. percorrer co dedo as rúas de estambul e querer estar alí. estambul, unha cidade máis para o mapa que levo gardado na miña cabeza. soa michael nyman e lembro o día que o escoitei tocar ás miñas costas, sentada no chan, apoiada contra unha parede fría coma o inferno. canto soñei con aquela música. como de baleira quedou a cabeza, que non había nada máis
remato o libro negro e miro a pila de libros que agardan enriba da mesa. o malo de viaxar é que non podes levar todo o que queres contigo. moitos dos libros que soñan con que os abra van ter que agardar alomenos un ano. pode que tamén as persoas. e xa non sei se un ano é moito tempo. ou non

29.10.09
equilibrio
dicíannos que o primeiro paso para normalizalo todo cando chegas a un novo lugar é ter unha casa propia, aínda que só sexa un cuarto compartido ou un formigueiro cheo de cascudas. algo ao que poder chamarlle casa. eu creo que antes que unha casa, é preciso convencerse de que todo é normal, de que todo vai ir ben. ter esa casa construída na cabeza
curiosamente, nestes días de caos mental e frenetismo, atopo a serenidade nas cousas da eu que fun antes, hai uns anos ou hai uns días, repasando libros e obxectos do máis variado. lembrar, por exemplo, mentres escoito o nomadak, o grupo punk mongol que t poñía no coche cando iamos camiño dalgún lago alá polo mes de xullo. ou hoxe, cando me pediron un traballo que fixera na carreira, e descubrinme lendo uns textiños que escribira ha de haber uns tres anos ou catro. un sobre michael haneke e o outro sobre mario camus. descubrinme pensando que nada cambiara demasiado dende entón. nin o meu xeito de escribir, nin o meu xeito de organizar a información, nin o meu xeito vulgar de analizar e sintetizar. e iso deume unha tranquilidade que nada nos últimos días me puidera darmorey, nun libro que é dende hai moito tempo a miña particular biblia, utilizaba a imaxe da cidade de dentro do peito. e eu, que xa teño roubada esa idea moitas veces, sinto que agora a cidade de dentro do meu peito é unha cidade con toque de queda, na que non se sabe moi ben que pode pasar, e na que a normalidade sería acordar un alto el fuego entre as partes. e despois durmir ate espertar nalgun outro sitio
26.10.09
a conta atrás
i.
eramos quince, porque faltaba a pequena s, que anda a soñar áfrica. dezaseis pra quince destinos, tan real, tan súpeto, que nos daba arrepíos
dicían que nun mes teño que estar na cidade-monstro. que teño que meter catro cousas na maleta e voar. non/despedirme. cruzar o gran mar por terceira vez
e sen saber todo isto a cidade respiraba tranquila. supoño que non me botou demasiado de menos, dende a última vez que a visitei. e xusto agora, díxenlle, xusto agora que vivimos un momento tan difícil, aquí e alá, é agora cando decido marchar. e ela, coa súa calma de sempre, respondeu. había que escoller, e escolliches
ii.
a deixa enriba da cama un último agasallo. unha pequena fiestra na que respirar aire puro cando estea lonxe dalí. no coche, camiño á estación, fálolle de canto cambia a vida unha decisión pequena ou tomada ás présas. se non viñese aquí, dígolle, se non viñese non habería venezuela, e non habería sáhara, e non habería méxico. se non viñese non estaría aquí contigo, e non tería cambiado tantísimo eu mesma. e ela, que cre que as cousas nunca pasan porque si, asinte. agarda a que marche o bus. promete que nos miraremos canto antes. do outro lado do mar, terei unha pequena fiestra, envolta en debuxos de prata, co recendo do mar que lambe o nerbioi. agardarei amarrada a ela mentres non cheguen as primeiras visitas

18.10.09
de manifestacións e cousas que non gostan moito
e pode que si, que histórico sexa o dezaoito de outubro de dous mil nove, do mesmo xeito que histórico debe de ser o momento político de caos que vivimos. que menos que erguer a voz
...
despois sentín rabia. unha rabia terrible cara ao final, cando un xornalista da televisión saiu ao escenario a facer un directo para o telexornal mediodía. houbo berros. houbo increpacións ao propio xornalista, que estaba alí facendo o traballo que lle mandaban, sobre decisións non tomadas por el. quizais porque ese xornalista é un amigo, doeume. primeiro, porque a tvg deu unha cobertura a esa manifestación que ningún dos que estabamos alí podiamos imaxinar (alomenos tres directos). manipulación? non serei eu quen a negue. obviamente. pero atacar persoalmente a un xornalista non é xeito de manifestar o descontento. os xornalistas, a fin de contas son tan (ou ás veces máis) vítimas que os espectadores da manipulación que os políticos fan dos medios públicos de comunicación
15.10.09
kirmen uribe
miro con rabia a portada dixital de cultura de el país. ao parecer kindle ou hollywood son máis importantes de kirmen uribe, que ven de gañar o premio nacional de literatura. pode que sexa porque o escribiu en euskera e aínda non hai tradución ao español. miren o titular da nova: será que para algúns este feito xa é motivo suficiente de desprecio
14.10.09
a pesar de ter unha interesante vida interior cando estou soa (cousa que non significa máis que que non me aburro demasiado comigo mesma) teño a sensación contínua de que esto que rodea é un tempo baldeiro, de non facer nada. quizais por iso me obsesione cun libro que me ten fascinada case dende a primeira páxina, ou me dedique a facer notas mentais sobre cousas das que querería escribir e xa non lembro (pulula polo taboleiro da cabeza unha foto de arnaldo otegi, o enderezo dun hospital, retallos dunha ponte de teatro e cinema)
agardo impaciente por un correo que virá a me confirmar se pasarei ou non os próximos doce meses a uns miles de quilómetros de aquí. fálase de nadal en cuba e de tarde en cangas. fálase de desubicación e de saudade anticipada. de rural e futuro. e de como esquivar as preguntas de por que non me busco unha vida normal e me deixo de experimentos estraños
e de agasallo, un video preciosísimo

7.10.09
chuva
a nena, que vai cun paraugas de debuxos e medias vermellas, olla pra min mentres paso e ergue o brazo coma se fose o suficientemente alta como pra chocar comigo. a punta do seu paraugas dáme polo cóbado. eu ollo pra ela. sorrío. leva o flequillo todo despeinado polo vento. pasamos de largo e ambas quedamos mirando para atrás e sorrindo
5.10.09
póñolle ao pequeno un videoclip de certos señores músicos e ponse a bailar coma un tolo. mentres, j xa está polo sur das américas e s conquistando a áfrica que fala un chisco de portugués
para pasar o rato merco libros, e reviso o correo todos os días agardando contestación. e mollo os pés e deixo correr as cousas estrañas que teñen as noites de sair. tento soster a ollada e non consigo arrincar unha soa palabra de quen ma sostén a min

1.10.09
vídeos
-8">
chegan videos que lembran bos momentos. que o cerebro humano é unha cousa asombrosa, e arquiva lembranzas coma se fosen fición, no mesmo apartado no que almacena os filmes ou as novelas. por iso, mirar as imaxes é unha viaxe interesante a unha realidade que non o é, pero que o foi. que fai que nos sintamos maiores e fai, tamén, que sempre teñamos folgos pra comezar de cero. eis a mellor parte de todo
(sinto que o video estea nunha lingua intraducible pra min, e que a partir do minuto tres todo sexa un monólogo dun dos organizadores, e que de certo o video poida ser pouco interesante pra quen pase por aquí)
descansar dunha fin de semana estraña, comezar outra
21.9.09
a.
coñecino hai xa algo máis dun ano. de certo pensei moito nel nos últimos meses, pero por motivos que nin eu mesma sei, nunca me atrevín a escribirlle. hoxe abro o correo e miro que teño tres mensaxes del. nun deles, ven só o enlace cunha nova. e entón a miña cabeza comeza a facer memoria
cando coñecín a a, estaba a piques de deixar de traballar para o goberno. había dúas cousas que eran case o motor da súa vida: a cultura -na concepción máis ampla do termo- e máis a protección dos discapacitados mentales. falaba, de calquera cousa, e te envolvía coas súas palabras. desas persoas con estrela, que brillan por si propios
a miña viaxe ía rematando, e con ela as esperanzas de voltar velo. o último día recibín un paquete. quen me ía mandar un paquete a sete mil quilómetros da miña casa? e era el, claro, que percorrera mil librerías caraqueñas para dar cos libros que eu non puidera atopar. os poemas dun galego que el regalaba a unha galega -e é que hai persoas que pasan por nós sen máis. hai outras que aparecen por algo. e que agardo que nunca desaparezan de todo-

10.9.09
i.
son varias cousas. é, por exemplo, ler a nova no xornal sobre oliver stone, que fai que teña unhas ganas inmensas de mirar o documental. é tamén ver o tráiler, claro. e que nunca deixa de sair na tele, e todo o que se di del. os rabinches infantís, que tanto mal fan
é, tamén, que o amigo dunha amiga vai a venezuela, e me pide que lle escriba sobre aló e o que eu vivín. e claro, el é antichavista -xa antes de ir- e eu, que non comparto eses -nin semellantes- ideas, totalmente faltas de argumentos, e que uso o socorrido consello de non creas o que che din, compróbao ti mesmo
ás veces pregúntome se o que teño é sorte de ir a lugares que merecen realmente a pena, ou é que en todas partes podes atopar a esperanza de que todo vaia mellor
ii.
despois é quedar sozinhos na casa, atanís e máis eu. atanís, que me despiolla mentres se pasea polos meus ombros. construímos xuntos unha cidade para vivir estes catro días nos que somos só os dous. ben, en realidade é unha aldea, así pequeniña, e como ningún dos dous sabe debuxar, pois facémola de palabras, que non hai quen nos critique na casa baleira
perseguimos libros que non aparecen por toda a costa atlántica, e facemos conxeturas sobre cousas que poden pasar/non pasar a medio prazo. comemos verde, descansamos, falamos en voz alta. desfrutamos do sol que xoga coa chuva aun correquetepillo. repasamos fotos vellas e pensamos en regalalas. alguén quere algunha?

8.9.09
poesía
xa hai moito teño un debate interno sobre o xeito no que mellor se comparte a poesía. asisto, nas tres últimas semanas, a recitais que, merecentes ou non deste nome, presentan a poesía de maneira radicalmente distinta
primeiro foron os cataláns, que conseguiron algo que para min era novo: facer ao público partícipe da súa actividade, da preparación e do evento. gostei deles porque racharon a liña de separación entre o que fai e o que vai mirar/oir. porque o importante non foi só a poesía, senón o todo final e o proceso de cada unha das partes
despois veu un recital deses que van con música. moi bonito, si. do que disfrutei. pero os artistas enriba do escenario e o resto abaixo. a única intervención posible, o aplauso
e despois veu o festival. non vou mentir. non me gustou o programa, non me gustaron os poetas (aínda que fixen dous grandísimos descubrimentos vindos do outro lado do minho e do outro lado do océano, e houbo algún máis que se salvou)
pasamos o domingo falando de poesía e das formas de provocación. e concordei cos demais e comigo mesma en varias cuestións. a primeira, na meirande parte dos casos é preciso algo máis que un bo recitador para facer partícipe á xente da poesía (vamos, que é preciso que os poetas baixen dos altares nos que viven e pensen de que xeito poden riscar esa maldita liña invisible que os mantén enriba do escenario, aló nos ceos, e ao resto dos mortais nos mantén abaixo). que facer algo máis aparte de ler tamén é unha arte. que un desnudo integral non é provocación, xa non (pode que o fose hai unhas décadas, non agora. para provocar con poesía é preciso amosar/falar de cousas incómodas, por exemplo, de cousas que ninguén fala. ou facer algo innovador). pensei en moitas máis cousas das que agora non me lembro. e de todos xeitos, o meu debate interno sobre o que é/non é poesía nunca remata. será por iso que hoxe vou á homenaxe a manuel maría. a ver se se me aclaran as ideas un pouquiño máis...
26.8.09
do outro lado da raia (ii)
tentaba facer un alegato contra-artístico. falar de canto odio aos artistas que se cren tal, e que pasan por diante dun cun aquel de superioridade. mais comezo a crer que iso é concederlles importancia de máis. comezou o día moi cedo, viaxando e cunha chamada de teléfono bonita, que falaba de mozambique. e pensei, mozambique, que envexa. despois pensei en poemas e videopoemas, quizais motivada por un libro e máis polo entorno, que estes días é bonito
vivindo a miña primeira vez de inmersión total no estado viciño, que non é outra cousa que a parte sul do país, río con que a xeneración xabarín soubese atravesar fronteiras, e bailo sobre o río e deixo pasar as horas coma quen tece e destece unha tea agardando a que chegue algo ou alguén

Subscrever:
Mensagens (Atom)